Ir arriba

Novas e actividades

A Mancomunidade Terra de Celanova, beneficiaria dunha axuda cofinanciada polo FEDER para a mellora da recollida separada de biorresiduos

A Mancomunidade Terra de Celanova, beneficiaria dunha axuda cofinanciada polo FEDER para a mellora da recollida separada de biorresiduos




A Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova resultou beneficiaria dunha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ao abeiro do procedemento MT975X – Liña 1, para o desenvolvemento do proxecto «Mellora da recollida separada de biorresiduos na Mancomunidade Terra de Celanova», cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027, e pola Xunta de Galicia.

A actuación forma parte do proceso de implantación progresiva e mellora da recollida separada de biorresiduos que desenvolve a Mancomunidade, orientado a consolidar o sistema existente e favorecer o seu desenvolvemento progresivo, centrándose nesta fase principalmente en determinados grandes xeradores.

O proxecto comprende a adquisición de bolsas compostables e o desenvolvemento dunha campaña de información, comunicación e sensibilización ambiental sobre a recollida separada de biorresiduos.

Con esta actuación preténdese mellorar a separación en orixe, reducir a presenza de impropios e incrementar progresivamente a cantidade de biorresiduos recollidos separadamente, avanzando cara a unha xestión máis eficiente e sustentable dos residuos municipais.

Descargas de documentos

Celanova
Torre de Vilanova dos Infantes
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Vilanova dos Infantes
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Natureza (Pontedeva)
Torre de Sande (Cartelle)
Mosteiro de Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.