A Mancomunidade Terra de Celanova desenvolve diversas actuacións dirixidas á promoción da igualdade entre mulleres e homes, ao fomento da autonomía e o empoderamento das mulleres e á prevención das situacións de desigualdade e violencia de xénero.
Asesoramento xurídico integral a mulleres en situación de vulnerabilidade
Obxectivo: facilitar ás mulleres información e orientación xurídica especializada, favorecendo o coñecemento dos seus dereitos, o acceso aos recursos e a toma de decisións autónomas.
Resultados: mellora do coñecemento dos dereitos e recursos existentes, maior capacidade para afrontar situacións de vulnerabilidade e reforzo da autonomía das participantes.
Cursos de cosmética natural
Obxectivo: promover a adquisición de coñecementos e habilidades prácticas, favorecendo a autonomía, o benestar e o empoderamento das mulleres.
Resultados: adquisición de novas habilidades, incremento da confianza e autonomía persoal e reflexión sobre os estereotipos relacionados coa imaxe e os roles de xénero.
Cursos de herbas medicinais
Obxectivo: recuperar e compartir coñecementos tradicionais, promovendo a autonomía, a participación e a posta en valor dos saberes das mulleres do rural.
Resultados: adquisición de coñecementos prácticos, posta en valor dos saberes tradicionais, fortalecemento da participación e reflexión sobre os roles de xénero e a corresponsabilidade nos coidados.
Obradoiros de costura
Obxectivo: crear espazos de aprendizaxe e participación que favorezan a autonomía, o empoderamento e as relacións entre as participantes.
Resultados: adquisición de habilidades prácticas, fortalecemento da autoestima e autonomía e reflexión sobre os roles, estereotipos de xénero e corresponsabilidade.
Talleres de igualdade no rural
Obxectivo: promover a igualdade de oportunidades, identificar estereotipos e roles de xénero, fomentar a corresponsabilidade e facilitar ferramentas para a prevención da violencia de xénero.
Resultados: maior coñecemento sobre igualdade e prevención da violencia de xénero, identificación de situacións de desigualdade e reforzo da autonomía, participación social e empoderamento das mulleres.
Financiamento
Estas actuacións están
cofinanciadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, ao abeiro da
Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade (código de procedemento SI435A).
A actuación conta con
financiamento da Unión Europea, contribuíndo os fondos europeos ao desenvolvemento de medidas de promoción da igualdade, inclusión, igualdade de oportunidades e non discriminación.
Cofinanciado pola Unión Europea.