Martes, 21 de Maio do 2013
 
 
Benvida PDF Imprimir Correo-e

 

      Coa creación da páxina web da nosa Mancomunidade, preténdese abrir unha fiestra dende onde se poida coñecer a fondo esta preciosa terra. Aproveito a ocasión para convidar a todos os internautas a achegarse xunto nosa para comprobar "in situ" do  puxantes que son os nosos Concellos, onde tradición e modernidade se conxugan en armonía.


       Dende o ánimo de entrar progresivamente na denominada "sociedade da información", na Mancomunidade “Terra de Celanova” apostamos polas novas tecnoloxías e pretendemos conseguir que este lugar en Internet se converta pronto nun novo embaixador que pregoe as excelencias desta “Terra “polo mundo.


     A partir de agora a actualización desta web tamén servirá para que todos aqueles veciños que no seu día tiveron que emigrar ao estranxeiro poidan vence-la súa morriña mediante un seguimento diario das novas que acontecen na súa terra nai. Precisamente, ese é un dos principais obxectivos deste portal: seguir facendo país mediante o reforzo dos vínculos de unión xurdidos arredor do nome da “Terra de Celanova”.

 

 

 

José Antonio Pérez Cortés

Presidente Mancomunidade Terra de Celanova

     

Última actualización ( Luns, 18 de Xuño do 2012 )