Xoves, 23 de Maio do 2013
 
 
A Mancomunidade Terra de Celanova apoia as iniciativas deportivas PDF Imprimir Correo-e

 

Este domingo tivo lugar na Praza Maior de Celanova o acto de presentación do Club Ciclista No Solo Bicis de Celanova, un club de recente creación formado por auténticos afeccionados á  bici, especialmente ás btt. 

 

Representantes da Mancomunidade acudiron ao acto de presentación deste club para amosar o seu apoio e patrocinio a esta iniciativa deportiva. 

 

Neste sentido apuntaba o Presidente do ente supramunicipal, José Antonio Pérez Cortés, que “a Mancomunidade apoia ás iniciativas que promovan a practica deportiva e a adquisición de hábitos saudables” valorando moi positivamente este tipo de apostas deportivas entre os cidadáns da comarca, así como tamén recordaba que dende a Mancomunidade vense organizando dende o ano 2009 aBTT Terra de Celanova”, unha proba deportiva que foi determinante en fomentar a afección pola bicicleta, e que este ano celebrará a súa IV edición o 1 de xullo.

 

 

club_ciclista.jpg

Última actualización ( Martes, 06 de Marzo do 2012 )