| A Merca |
|
|
|
|
Merca, A
Widget proporcionado polo IGE
COMO CHEGAR
A mellor forma de acceder ao concello é a través da estrada C-540 que comunica Ourense con Portugal; tamén existen tres estradas locais que comunican co concello.
-A Coruña: 161 km.
CULTURA, TURISMO E MONUMENTOS
O concello dispón de varios atractivos culturais e paisaxísticos, que unido á súa proximidade á capitalidade da provincia confírenlle unha función de recreo. A súa beleza natural permite o desenvolvemento de rutas de sendeirismo, complementadas con áreas recreativas como a de Rubillós, á marxe do río Arnoia.
Ao longo deste río están os máis antigos vestixios, como os castros de A Peneda da Lebre (alusión a unha ermita antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe na Capela do Espírito Santo); Outeiro de San Marcos (situado en A Mezquita, próximo a Compostela), Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello de A Merca e o de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.
Non podemos esquecer a igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con elementos de transición ao gótico. É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), antropomorfos e nun so caso
Nas súas proximidades, consérvanse sepulcros antropomorfos, así como un belo cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.
A torre de San Pedro de A Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Brangaza, pero sufriu diversos derrubes e modificacións, conservándose na actualidade a parte inferior.
Diversas casas solariegas salpican o territorio municipal, entre as que destacan A Casa da Rapela en Salpurido e, sobre todo, o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha bela solaina voada. Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros, de elevado número, na capitalidade do Municipio, que constitúen un dos conxuntos máis interesantes e representativos da Galicia rural.
En relación ás festas, é coñecido o Entroido de A Mezquita, que dura dous días, e no cal os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas.
Celebranse, ademais, outras festas patronais, sendo a principal a festividade do Espírito Santo. A Manchica honra o 5 de maio a San Miguel Arcanxo e o 20 e 21 de xullo é Nosa Señora do Carme na Mezquita. En agosto, os días 15 e 16, é a Asunción en Vilar de Paio Muñíz. Durante o mes de Agosto, tamén se celebra en A Merca a festa gastronómica do Porco ao espeto.
ARQUITECTURA RELIXIOSA
IGREXA DA NOSA SEÑORA DE LOURDES DA MANCHICA (Igrexa) Lugar da Manchica, parroquia da Manchica IGREXA DE SAN PEDRO DA MEZQUITA (Igrexa) Lugar da Igrexa, parroquia da Mezquita IGREXA DE SAN XES DE FARAMONTAOS (Igrexa) Lugar de Faramontaos, parroquia de Faramontaos IGREXA DE SANTA MARÍA DE CORVILLÓN (Igrexa) Lugar de Corvillón, parroquia de Corvillón IGREXA DE SANTA MARÍA DE OLÁS (Igrexa) Lugar de Olás, parroquia de Olás de Vilariño IGREXA DE SANTA MARÍA DE PEREIRA DE MONTES (Igrexa) Lugar de Pereira, parroquia de Pereira de Montes IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILAR DE PAIO MUÑIZ (Igrexa) Lugar de Vilar de Paio Muñiz, parroquia da Merca IGREXA DE SANTA OLAIA DE PARDERRUBIAS (Igrexa) Lugar de Parderrubias, parroquia de Parderrubias IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE PROENTE (Igrexa) Lugar de Proente, parroquia de Proente IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE ZARRACÓS (Igrexa) Lugar de Zarracós, parroquia de Zarracós
DESCRIPCIÓN XEOGRÁFICA
A maior parte do territorio municipal, atópase nunha altitude comprendida entre os 400 e 500 m. Por riba dos 500 m. discorre o cordón intermedio -que divide en dúas partes case iguales o termo-, en realidade unha débil e larga prolongación do Outeiro de Boa Madre (Bobadela) e dos Montes de Augas Santas e Cousa, coia dirección SO, separa as cuncas do Miño e do Arnoia. Neste senso habería que entender o Monte de Castrelos (645 m.), Outeiro de Fontefría (561 m.) e Alto de Rodela (510 m.). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do NO., como A Vaqueiriza (522 m.), Labradas (602 m.), Castro de Pereira (530 m.), O Pozo (540 m.) e As Picoñas (550 m.). A Cota máxima localízase nos límites co concello de Allariz, nos Montes do Barracel (856 m.).
Dende o punto de vista xeolóxico, o Precámbrico e o Paleozoico indiferenciado abarcan case a metade do termo, ao N., e ao O.
CLIMA E HIDROGRAFIA
O Concello de A Merca, aséntase nunha zona de transición climática entre os dominios do oceánico mediterráneo e do oceánico continental.
Os valores térmicos medios anuais oscilan arredor dos 120 para a zona S. (a media mínima corresponde a xaneiro, con 6,50 e a máxima a xullo, con 19,20) e de 150 para a zona N., media mínima en xaneiro (6,90) e máxima en xullo (22,90). As precipitacións acadan na metade S., entre 1000 e 5000 mm. anuais, con 120 días de choiva ao ano e ao N., do cordón de montañas intermedio, a contía total non excede os 1000 mm. anuais.
A rede hidrográfica do municipio organízase arredor do Barbaña e o Arnoia. O primeiro nace no Alto de A Manchica e únese ao Miño en Ourense. O Arnoia, aínda que é afluente do Miño, constitúe unha subcutánea propia e inicia o seu percorrido no termo de A Merca, tras cruzar un auténtico canón (Muíño dos Mouros-Salpurido) con cascadas, e a partir de Rubillós comeza a escavar un val. Recibe pola dereita os arroios de Os Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro, e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.
SOLO E VEXETACIÓN
As rochas cristalinas ácidas (granito) constitúen o factor determinante da formación e orixe dos solos, pouco fondos e impermeables case na súa totalidade. Ademais, atópanse depósitos sedimentarios que deron lugar a solos máis pesados, máis porosos e feraces no val arnoiés. Polo xeral, trátase de solos pouco pendentes e laborais sobre os que actuou con diversos efectos a vexetación mellorante (castiñeiro, abedul, toxo) e degradante (piñeiro). No centro atópanse unha serie de chairas e alturas arxilosas debidas á descomposición do gneis in situ.
A superficie forestal de A Merca supera as 3165 Ha., o que supón máis do 60% do total de terreos municipais. A vexetación arbórea ocupa unha gran extensión a pesar dos atentados a que se ve sometida. As especies autóctonas predominantes son o carballo, o castiñeiro de abedul, o aliso e o fresno, as dúas primeiras en retroceso. Ás autóctonas tense que engadir o piñeiro. O sotobosque (1500 Ha.) está formada por xesta, uceira, toxo, carpaza, silvas, xuncos, etc.
DOTACIONS E SERVIZOS DO CONCELLO
O Concello conta con numerosas dotacións ao servizo dos seus habitantes, coa intención de mellorar o seu benestar. Entre outras, pódense destacar as seguintes:
|
|||||||
| Última actualización ( Venres, 02 de Marzo do 2012 ) | |||||||




