| Pontedeva |
|
|
|
|
Pontedeva
Widget proporcionado polo IGE
SITUACIÓN
Colgando da comarca do Ribeiro e a uns 60 km da capital da provincia atopámonos co pequeno Concello de Pontedeva. DESCRIPCIÓN XEOGRÁFICA Físicamente, o termo municipal organízase en torno ó río Deva, que xunto cos seus pequenos afluentes, deu lugar á formación dun fondo e exuberante val que se prolonga de norte a sur, ocupando a maior parte do concello. Este sector, é o máis humanizado e de terras de alto potencial productivo, caracterízase polo predominio de amplas terrazas e de pequenos "sucalcos" que se intercalan entre elevacións de escasa consideración, comprendidas entre os 100 e os 200 metros sobre o nivel do mar.
FESTAS E FERIAS
HISTORIA E ARTE Os castros encontrados nos lugares de Valiño e A Serra constitúen a primeira evidencia de que estas terras foron habitadas por culturas prerromanas. Incluso especúlase coa posible existencia dunha antiga vía romana que, segundo algúns investigadores, pasaba por Pontedeva, o que facilitou o asentamento de pequenas comunidades nas zonas máis chans do termo. Durante o antigo réxime señorial, as dúas parroquias do concello de Pontedeva pertencían á xurisdicción de Milmanda, polo que estaban sometidos ó Señorío do marqués de Malpica, que cobraba impostos e impartía xustiza ordinaria nestas terras, ata finais do século XVIII. MONUMENTOS E MUSEOS
TELÉFONOS DE INTERESE: Casa Rural Gumersindo (Trado): Aloxamento. Teléfono 670 06 54 96 Hostal Restaurante París (Trado): Aloxamento e restaruante. Teléfono 988 482028 Mesón A Fonte (Trado): Restaurante. Teléfono 988 482007
|
|
| Última actualización ( Venres, 02 de Marzo do 2012 ) |




