Sábado, 18 de Maio do 2013
 
 
Centro de Información á muller (C.I.M) PDF Imprimir Correo-e

    

 

cim_4.jpg 

 

 

 Logo Mancomunidade.jpg          fse.jpg      igualdade.jpg

        

 

  Xa que a información é un elemento necesario para que as persoas poidan exerce-los seus dereitos, nace a necesidade de creación dun servizo para as mulleres de atención, información, apoio psicolóxico e asesoramento xurídico co fin de facilita-la igualdade entre homes e mulleres. Este é o C.I.M. (Centro de Información á Muller), que durante o ano ofrece os seguintes servizos:

 

  • Asesoramento xurídico gratuíto
  • Atención psicolóxica
  • Orientación profesional
  • Información de recursos dispoñibles no seu ámbito territorial (policía, xulgado, etc.)
  • Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos competentes.
  • Difusión dos servizos e actividades desenvolvidos polo Servizo Xeral de Promoción e Igualdade do Home e da Muller.
  • Atención específica a mulleres víctimas da violencia de xénero, facilitando e pondo á súa disposición os recursos da Comunidade Autónoma (sanitarios, policiais, psicolóxicos, sociais...) a través da xestión urxente. Esta é a función máis importante quizais que desenvolve o departamento.
  • Recepción de denuncias e queixas de discriminación por razón de sexo nos medios de comunicación e a publicidade, trasladándoas ó órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo (traballo con asociacións xa existentes e fomento da creación de outras novas)
  • Fomento da participación das mulleres na vida civil. 
  • Formación e información sobre temas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
  •  Actividades: celebración de días mundiais (da muller traballadora, da muller rural, contra a violencia de xénero), realización de módulos de igualdade para colexios, cursos, xornadas... 
  • Calquera outra actividade que teña por como finalidade acadar a igualdade

 

O CIM conta tamén coa colaboración dos Servizos Sociais de Base da Mancomunidade “Terra de Celanova” para todos aqueles casos nos que se precise.

   

 

 

ACTIVIDADES COLEXIOS.

  O PRÍNCIPE CENICIENTO.

  

*        Colexio Joaquina Gallego Joreto- A Merca:

        18 de decembro de 2012. 

3º, 4º, 5º e 6º de primaria: de 11:30-12:30 horas.

Número de participantes: 21.

*        Colexio Sagrado Corazón- Celanova:

      30 de Xaneiro de 2013: 

4º primaria: 10-11horas.

Número de participantes: 25

e 6º de primaria: de 11-12 horas.

Número de participantes: 29 (14 de 5º e 15 de 6º)

*        Colexio San Marcos- Cartelle:

        31 de Xaneiro de 2013. 

3º, 4º, 5º e 6º de primaria: de 10:15-11:15 horas.

Número de participantes: 24.

 

 

TALLER DE MEMORIA.

 

CONCELLO DE PONTEDEVA.

*        Na Casa do concello de Pontedeva:

        Comenza o luns 14 de xaneiro de 2013. 

Horario: de 11.45 a 12:45 horas.

 

 

TALLERES DE MEMORIA

.*      Os Luns:Taller de Memoria na Casa Comunitaria de Xacebáns de 10 h a  11 h.

*      Os Martes:Taller de Memoria na Residencia “Nosa Señora do Mundil”-Outumuro. Cartelle de 10 h a 11 h. 

*      Os Martes:Taller de Memoria na Residencia “O Mosteiro”- Ramirás de 11:15 h a  12:15 h

*      Os Mércores :Taller de Memoria na Residencia “San Carlos”- Celanova de 10 h a 11  h

*      Os Mércores: Taller de Memoria na Asociación de Mulleres Ilduara- Celanova de 11 h a 12 h   

 

 ACTIVIDADES CENTRO OCUPACIONAL.

*      Os Mércores:Actividades de 12 h a 12.45 h para o 1º grupo de Iniciación e de 12.45 h a 13.30 h para o 2º grupo de Iniciación.

 

*      Os Venres :Realizaranse actividades de 12.30 h a 13.30 h para o grupo de Perfeccionamento.

 

 

 

 

ACTIVIDADES RECENTES:

"CARTAS DE AMOR: 14 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".

 Exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade.  

 

Está situada no claustro do IES Celso Emilio Ferreiro, e poderase ver gratuitamente. Estará exposta dende o 2 de novembro ata o 8 de novembro inclusive.

A exposición foi cedida á Mancomunidade Terra de Celanova pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, no marco de Acordo de colaboración asinado entre este departamento e a Federación Galega de Municipios e Provincias Galegas.

Con Cartas de Amor, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, tendo en conta que, nos últimos anos, se detectan moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física.

Os artistas mostran no seu traballo a súa reflexión personal sobre o que as Cartas de Amor non deben ser.

Esta exposición te coma obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar aos e ás adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, contribuír a detectala e, polo tanto, a eliminala.

 

dsc00182.jpg

 

dsc00177.jpg

 dsc00165.jpg

 

 

 

 

 

 

 

  

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última actualización ( Mércores, 27 de Marzo do 2013 )