| Historia |
|
Os
A comarca estaba situada na órbita da VÍA XVIII (vía que parte dende Braga, para pasar por Galicia ata chegar a Astorga) explicando en parte a forte romanización que sufrirá anos despois. Proba desta romanización é o achado de moedas romanas en Castromao e outros vestixios arqueolóxicos que actualmente están no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Aínda
que estes achados históricos son moi importantes, non se pode
As adhesións dalgúns conventos dúplices da Diócese de Ourense ó mosteiro de Celanova danse ó pouco de ser fundado, e posteriormente, no ano 1193 Fernando III “o santo” confirmará as doazóns de diferentes lugares realizadas anos antes por Don Alfonso VII. Así, o mosteiro extendeu os seus dominios ata terras de Monterrei, Alta Limia e o Ribeiro, disfrutando de numerosas rendas, vilas, casas, hortas, muíños, pesqueiras, as salinas de Gallegos de Lampreana e Requejos (o que é na actualidade a provincia de Zamora). A abadía convértese na máis importante da España do século XI, facendo que o seu abade sexa o que máis títulos teña no seu haber: marqués de Sande, conde de Bande, capelán real, arcedíano de terras de Celanova na Diócese de Ourense
En definitiva, un señor
eclesiástico e laico que ten privilexio real, confirmado en 1284 por Sancho IV
o cal lle deu a potestade de nomear xuíces e notarios, e cobrar foros aos seus
vasalos entre outros
Tamén nesta época establécese a normativa de que os habitantes de Celanova non puidesen levantar andares nas casas situadas preto do mosteiro, e que en ningún momento superasen a altura das ventás do mesmo; actualmente, a norma que se respeta é a de non construir edificios máis altos ca o campanario da igrexa de San Salvador, permitindo así que este se poida ver dende case tódolos puntos da vila. Por outro lado, é de destacar a acción social e económica na comarca dos monxes do mosteiro de Celanova; no 991 usaron estas instalacións como un establecemento de crédito agrícola (realizábanse préstamos ós labregos), e máis adiante conseguiron a construcción dunha obra de rego que consistía en dúas canles dun metro de ancho a ambolos dous lados do río Tuño (Ramirás) e que levaban a auga ás terras dos labregos deste concello; a pesares de que por este servicio de rego cobrábase un canon, supón o inicio da grande fertilidade da que goza actualmente esa zona. Esta obra é a que Vicente Risco chama “as Levadas” do río Tuño. No 1002 d.C., tempos do abade Manilano (922-1012, sucesor de San Rosendo), recóllese documentalmente a existencia de varias cátedras, estudios e letras que fixeron de Celanova un foco de ciencia e erudición.
A mediados do século XI, o
cronista Esteban de Celanova recolle os milagres de San Rosendo unha vez morto
o santo; esta obra sería rematada no ano 1189 por Ordoño de Celanova, autor que
recolleu ademáis a vida. No século XIII o mosteiro sofre un declive
económico ó descende-las rendas percibidas, e como consecuencia son
Os nobres tamén tentaron posuír parte do patrimonio do mosteiro, pero a intervención directa dos Reis Católicos en contra da nobreza defendeu ó mosteiro dun declive seguro. Un exemplo destes intentos de ocupación forzosa é o do castelo de Santa Cruz de Rabal polo conde Don Alfonso de Pimentel. Tras esta época de desorden que afectou profundamente á vida monacal, os abades buscan mellora-la súa situación e conseguen a adhesión do mosteiro á unión de mosteiros benedictinos de San Bento o Real de Valladolid, que lle permitiu recuperar parte do seu explendor perdido.
Pero non todo foi negativo no
transcurso da Baixa Idade Media, xa que o ano 1165 sinálase esencial nas
relacións entre o Reino de Galicia e o de Portugal porque se reunen en Celanova
o Rei Fernando II e o Rei Alfonso I, pactando o “Tratado de Celanova”, que fixa
lindes
A documentación que se tiña, enviouse a meirande parte ó Arquivo Histórico Nacional. Pero aínda quedaba un último contratempo para a comarca: comezaron as guerras carlistas e un dos seus cabecillas, Romero, sembrou o pánico entre as xentes ata que foi apresado en Celanova e executado no 1848.
San Rosendo Non hai unanimidade no lugar de nacemento desta figura tan significativa para a comarca; segundo uns, naceu en Santo Tirso (Portugal) e segundo outros en Lugar de Cela (Lobios). Ademáis da educación teolóxica, recibiu unha educación nas armas propia dos nobres sendo xa ós 18 anos unha figura de referencia polas súas virtudes cívico-morais. O rei Sancho (do que xa se falou no apartado anterior) nomeouno virrei de Galicia, despois de loitar con valentía contra dos normandos e dos mouros, obrigándoos a reembarcarse e alonxarse alén do Douro. Anteriormente a funda-lo Mosteiro de San Salvador de Celanova, erexiu o mosteiro de Caaveiro. Rexeu numerosas dióceses (Mondoñedo, Iria de Galicia, Dumio de Portugal...) pero finalmente retirouse ao mosteiro de Celanova para adicarse exclusivamente. Morrerá aquí o 1 de marzo do 977. Despois da súa morte, a influencia que tiña en vida foi continuada polo monxe Ordoño, qu e como dixemos recollerá os seus milagres e trasmitirao ás comarcas e ás súas xentes. Ata o 1170 non comeza o proceso de beatificación de San Rosendo, enviando a súa cabeza a Roma prometendo trocala por un Lignum Crucis e unha espiña da coroa de Cristo. Foi finalmente Celestino III no ano 1196 quen remata dita beatificación.
|
|
| Última actualización ( Luns, 18 de Xuño do 2012 ) |