Ir arriba

Noticias y actividades

Programa de promoción de igualdad entre mujeres y hombres y de prevención y tratamiento de la violencia de género

Programa de promoción de igualdad entre mujeres y hombres y de prevención y tratamiento de la violencia de género


Actividades realizadas subvencionadas polo Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (código de procedemento SI435A 2023-32) segundo a Resolución do 20 de abril de 2023, da Secretaría Xeral de Igualdade, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.

Axuda cofinanciada pola Unión Europea

Obxectivos:


A actividades levadas a cabo durante a anualidade 2022-23 son as seguintes:

1.    Avaliación da condición física.
2.    Mindful Eating.
3.    Empodérate.
4.    Curso Defensa Persoal.
5.    Exposición Ciclo Violencia de Xénero.

Obxectivos que se perseguiron coas actividades  específicas  do programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero:
-    Potenciar a autoestima e a autonomía das participantes.
-    Minimizar riscos asociados á sexualidade.
-    Traballar a educación na igualdade para fomentar a súa autonomía e independencia.
-    Promover a flexibilización de roles de mulleres e homes.
-    Posibilitar que mulleres poidan atender as parcelas persoais e públicas en igualdade de condicións.
-    Minguar a sobrecarga de responsabilidades familiares que a muller presenta, introducindo medidas que promovan a súa repartición equitativa e a non desvalorización das tarefas de coidados.
-    Traballar sobre o concepto de violencia de xénero, tipos de malos tratos, coñecer o carácter progresivo dos malos tratos, etc.
-    Visualizar a violencia de xénero.
-    Identificar situacións de violencia en parellas.
-    Reflexionar sobre cal é o seu estilo persoal en relación á desigualdade de xénero.
-     Adquirir compromisos concretos para evitar a desigualdade de xénero na súa vida diaria e na súa contorna.
Tratouse dun proxecto mediante o cal se pretendeu unha intervención orientada para mellorar a situación das mulleres en situación de vulnerabilidade, actuacións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, incorporando na metodoloxía o enfoque de xénero. Accións de empoderamento de autoestima das mulleres, na procura da recuperación da súa identidade e autonomía e da restauración dos seus proxectos vitais, e de apoio na súa orientación persoal, social e laboral.

Resultados

Resultado xeral:
Mellorar a situación das mulleres en situación de vulnerabilidade.
Resultados específicos:
Actuacións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, incorporando na metodoloxía un enfoque de xénero. accións de empoderamento da autoestima das mulleres, na procura da recuperación da súa identidade e autonomía e da restauración dos seus proxectos vitais, e de apoio na súa orientación persoal, social e laboral.

Resultados finais:
-    Reforzáronse os valores con respecto á igualdade e en contra da violencia de xénero.
-    Facilitouse o desenvolvemento social.
-    Mellorouse a calidade de vida das mulleres participantes.
-    Facilitouse información novidosa e útil para levar a cabo día a día.
-    Déronse ferramentas básicas de avaliación da condición física, mindful eating, empodérate, defensa persoal e exposición ciclo violencia de xénero.

 

Claustro do Monasterio de Celanova
Terras de Celanova
Vilanova dos Infantes
Torre de Vilanova dos Infantes
Mercado de Celanova
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Monasterio de Celanova

Cada viaje es una nueva ilusión. Descubre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Lunes a viernes: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDAD  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos los derechos reservados  |  Zona privada  |  Web desarrollada por Grupo5.com

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, se acepta el uso que hacemos de las cookies. ACEPTAR  pulsar aquí para más información.