Ir arriba

Noticias y actividades

Bases del concurso de fotografía: CALENDARIO 12 MESES POR LA IGUALDAD

Bases del concurso de fotografía: CALENDARIO 12 MESES POR LA IGUALDAD

A Mancomunidade Terra de Celanova, a través do CIM,  convoca un concurso de fotografía sobre a temática da Igualdade de Xénero:
 
As presentes bases teñen como obxecto a regulación do concurso de fotografía‘CALENDARIO 12 MESES POLA IGUALDADE’, e que terá comofinalidade promovera Igualdade de Xénero a través da creatividade artística.
 
As 12 obras premiadas, formarán parte do calendario do ano 2022 do CIM da Mancomunidade Terra de Celanova, que será editado en papel e que tamén se poderá descargar ou ver na páxina web da Mancomunidade (www.terradecelanova.es)
 

1.  PARTICIPANTES
Poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que sexan maiores de idade, ou de ser menores de idade, acheguen unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores/as.
 
Deben ser os autores das imaxes presentadas, residentes en algún dos concellos membros da Mancomunidade: Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea,  e cumprir co establecido nas presentes Bases.
 


2. TEMÁTICA
As fotografías deben ser inéditas, e deben representar os valores de igualdade de xénero, é dicir entre homes e mulleres, desde calquera punto de vista e ámbito.
 
A finalidade do concurso é promover a visualización e sensibilizar sobre a IGUALDADE, en todas as súas manifestacións a través da fotografía.
 


3. NÚMERO 
Establécese un máximo de 2 fotografías por autor participante.
 
 
 
4. FORMATO 
A forma de participación será mediante fotografías dixitais.
 
De conter imaxes de persoas, especialmente se son menores o autor responsabilizarase de obter os permisos para impresión, reprodución e difusión en redes sociais previamente ao seu envío, para participar no concurso.
 
Só se admitiran fotografías en sentido horizontal. Aquelas instantáneas que se presenten en sentido vertical excluiranse do concurso.
 


5. PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
As fotografías enviaranse por correo electrónico ao enderezo cim@terradecelanova.es
 
No correo deber figurar como asunto: ‘CALENDARIO 12 MESES POLA IGUALDADE’, e conterá:
  • Fotografía en formato dixital.
  • Os datos da persoa concursante: nome e apelidos, DNI, enderezo postal, correo electrónico e número de teléfono.
  • No caso de menores, autorización dos pais/nais ou titores/as.
As fotografías recibidas sen identificación ou con identificación incompleta quedarán automaticamente excluídos do concurso.
 


6. PRAZO
O prazo para a recepción dos traballos comenzará o 1 de xuño e concluirá as 14:00h do 25 de xuño de 2021.
 


7.  SELECCIÓN DAS OBRAS
O xurado estará formado polo persoal do Centro de Información a Muller (CIM) da Mancomunidade Terra de Celanova. O xurado será o encargado de decidir cantas das fotografías serán as imaxes do calendario do ano 2022 denominado ‘CALENDARIO 12 MESES POLA IGUALDADE’.
O xurado poderá declarar deserto o concurso.



8. OBXECTIVO E PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS
O obxectivo é elixir a/as imaxe/s para o calendario 2022 do CIM da Mancomunidade Terra de Celanova ‘CALENDARIO 12 MESES POLA IGUALDADE’.
 
Ademais todas as fotografías que se presenten ao concurso poderán ser empregadas pola Mancomunidade Terra de Celanova para publicacións ou reproducións por calquera medio.



9. DEREITOS SOBRE AS FOTOGRAFÍAS
A participación no concurso conleva a cesión en exclusiva dos dereitos de explotación necesarios por aplicación da Lei de Propiedade Intelectual, a favor da organización, por parte das persoas concursantes.
Para presentar unha imaxe que conteña a imaxe dunha persoa, a persoa fotografada debera haber outorgado seu consentimento expreso e inequívoco para tal finalidade ao fotógrafo.
A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. As persoas participantes serán plenamente responsables de que non existan dereitos de terceiros das obras presentadas, así como de toda reclamación sobre posibles dereitos de imaxe.



10. PROTECCIÓN DE DATOS
A Mancomunidade Terra de Celanova é a responsable do tratamento dos datos persoais do interesado e informao de que estos datos serán tratados de conformidade co disposto no Regramento (UE) 2016/679 de 27 de abril (RGPD), na Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGG) e na Lei 1/1982 de protección civil, dereito ao honor, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe. 

A Mancomunidade, como responsable do tratamento, tratará os datos de carácter persoal que os participantes, nenos, rapaces ou pais, faciliten para a súa participación no concurso, coa finalidade de xestionar a súa participación no mesmo, a publicidade das obras presentadas, e a xustificación da actividade para a súa financiación. A base de lexitimación do tratamento é o consentimento do interesado ou o seu representante legal, e o cumprimento de obrigacións legais; cando os participantes sexan menores de 14 anos, o consentimento para o tratamento de datos terá que ser prestado polo seus representantes legais. Os datos dos participantes poderán ser comunicados a través de Internet ou medios de comunicación social para informar sobre a actividade ou por medio da reprodución das obras presentadas a concurso, así mesmo, os datos tratados poden ser comunicados a outras administracións con competencia na financiación e fiscalización da actividade, como a Xunta de Galicia e a Consellería de Emprego e Igualdade. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recollen e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e patrimonio documental español.  

Cando o tratamento estea baseado no consentimento do interesado, ten dereito a retiralo en calquera momento, sen que isto afecte á licitude do tratamento previo a súa retirada 
O interesado pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ó seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisión baseada únicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante a Mancomunidade de Terra de Celanova ou ante o Delegado de Protección de Datos da Mancomunidade, na dirección de correo electrónico dpo@legalforma.com, así como, no seu caso, reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos. 
 
 

Descargas de documentos

Terras de Celanova
Hórreo
Mercado de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Vilanova dos Infantes
Claustro do Monasterio de Celanova
Monasterio de San Pedro en Ramirás
Torre de Sande (Cartelle)

Cada viaje es una nueva ilusión. Descubre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Lunes a viernes: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDAD  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos los derechos reservados  |  Zona privada  |  Web desarrollada por Grupo5.com

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, se acepta el uso que hacemos de las cookies. ACEPTAR  pulsar aquí para más información.