MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
FUNDACIÓN PARA A PROTECCIÓN DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS TERRA DE CELANOVA, é unha organización constituída sen ánimo de lucro de interese xeral galego, foi creada no ano 1997 funcionando dende esa data como CENTRO OCUPACIONAL.
Este centro ten como finalidade procurar a integración das persoas con discapacidade intelectual, mediante a realización de actividades de carácter ocupacional, persoal e social nun réxime o mais parecido posible ao normal.
O Centro permanece aberto de luns a venres con horario das 9.00 ás 17 horas, en réxime de media pensión. (almorzó, media mañá e comida).
Conta con servizo de transporte e comedor.
Taller de informática
Neste taller os usuarios adquiren o coñecemento a nivel básico do manexo dos ordenadores e tamén a navegar en internet. Practican con xogos que permiten exercitar a memoria, mellorar a psicomotricidade, traballar a coordinación ollo-man, adquirir comportamentos de constancia en posición de sentado para o traballo, mellorar a capacidade de concentración, etc...
Taller de radio
Nas instalacións contamos cunha emisora de radio na que se retransmiten diferentes programas segundo o monitor e a hora de emisión, nos cales sempre participan os usuarios. Programas de música, dedicatorias, chistes, noticias en xeral (fútbol, cine...)
O obxectivo principal deste taller é que os usuarios perdan o medo as relacións sociais expresando os seus pensamentos, inquedanzas, gustos, etc... sen temor a sentirse rexeitados ou mirados de xeito diferente por outras persoas. Ao mesmo tempo supón un reforzo, moi necesario, para a autoestima de todos e cada un dos usuarios.
Taller académico
Os usuarios adquiren coñecementos básicos de lectura, escritura, cálculo e exercicios de memoria. Por outra banda, e importante salientar o seguinte:
Taller de autonomía personal
Adquisición de coñecementos para a vida cotidiá: coñecer o valor das moedas, planchar, hixiene persoal, limpeza do fogar, convivencia cos demais compañeiros
É un modo de buscar a independencia na medida do posible e poder afrontar diferentes situacións que se plantexen na vida diaria.
Taller de manualidades
Neste taller realízanse diferentes técnicas de pretecnolóxica, desde a restauración de aperos antigos (cubas, testos, potes...), agasallos dos días do pai e da nai, decoración de aulas, bonecas en goma eva, decoración de botellas, pratos, tellas, caixas ata a elaboración de detalles para eventos (bodas, bautizo, comunións....)
Os obxectivos que se perseguen con este taller son as destrezas físicas, a mellora da autoestima e a demostración a sí mesmos e aos demáis de que son capaces de elaborar un producto e presentalo ao público.
Taller de xardiñería
O Centro conta con dous invernadoiros de autoabastecemento no que os traballos de coidado se realizan a diario.
Traballase tamén en instalacións exteriores independentes ás nosas. Lévase o mantemento dos xardíns do IES de Celanova, o mantemento do céspede das piscinas de Quintela de Leirado, e os xardíns das instalacións da Mancomunidade Terra de Celanova onded estamos ubicados.
É un taller encamiñado a inserción laboral dos usuarios do centro.
Taller de ximnasia e pilates
A finalidade destas clases é o mantemento nuns casos e a mellora física en outros. Todo coa intención de que aqueles que sofren un maior deterioramento físico por razón das discapacidades, se poida retrasar o máximo posible.
Taller de aprendizaxe en equitación e actividades terapeuticas
Na actualidade temos convenio cunha asociación na que os usuarios realizan actividades de interacción con animais especialmente equinos e caninos, estas actividades son de achegamento a estes animais mediante obxectos: cepillado, limpeza, darlles de comer, pasear…con todo esto melloramos a capacidade de atención, favorecer a coordinación, motricidade fina, comunicación funcional, motivación e autoestima a vez que fomentamos as habilidades sociais e emocionais.
Taller de teatro
Este taller comezouse a realizar fai tres anos coa intención de poder xuntar nunha actividade moitas finalidades:
Iniciouse ca representación ano tras ano dunha obra no Nadal nas propias instalacións da Fundación, e desestacionalizouse e sacouse das propias instalacións para dar a coñecer as capacidades destes usuarios diante da sociedade mais próxima.
Taller de cociña
O taller de cociña abrangue as seguintes tarefas:
Con este taller os discapacitados adquiren os coñecementos para poder desenvolverse por sí mesmos para a vida cotiá e nalgúns casos ter a posibilidade da inserción laboral no sector da hostelería.
Taller de ocio
Mediante este taller buscase que os usuarios teñan a máxima inclusión dentro da sociedade, para conseguilo fanse diferentes saídas como, por exemplo, a área recreativa da A Bola, as diferentes piscinas dos concellos da Mancomunidade Terra de Celanova, paseos por Celanova, tomar un refesco nalgunha cafetería, etc… Deste xeito consíguese a inclusión dentro da comunidade.
Tamén se realizan de maneira anual a excursión de fin de curso, esta é de dous días. A ta o de agora visitouse o albergue de Muiños, e o Parque Natural de Marcelle en Lugo.
Con estas saídas os alumnos aprender a estrucutar e tomar decisións fora da súa zona de confort e tamén a establecer relacións de amizade no seu tempo libre.
FUNDACIÓN PARA A PROTECCIÓN DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS
TERRA DE CELANOVA
Barrio da Ermida,39 – Baixo. 32800- Celanova (Ourense) - Teléfono: 988 43 21 76
E-mail: fundacionps@gmail.com
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com