Ir arriba

Servizo de axentes de emprego e desenvolvemento local

  • Asesoramento para a creación de Empresas.
  • Información de axudas e subvencións para emprendedores, autónomos e Pymes.
  • Detección de Proxectos Empresariais.
  • Estruturas e Servizos de Apoio ó Emprendemento.

Obxetivos

  • Deseño de actuacións que contribuan ó desenvolvemento do territorio, en base ó estudio da evolución e necesidades do mercado laboral.
  • Difusión das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.
  • Información sobre os recursos existentes para favorecer o desenvolvemento local.
  • Asesoramento a emprendedores sobre os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha dun proxecto empresarial.
  • Acompañamento no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos.
  • Servizo de atención a empresas coa finalidade de lograr unha maior dinamización do sector: información sobre axudas e subvencións para contratación, etc.
  • Actualización continuada da base de datos de empresas e comercios do municipio.
  • Fomento da utilización de novas tecnoloxías.
  • Promoción do desenvolvemento de actividades formativas atendendo ás demandas de empresas e desempregados.

Beneficiarios

Este servizo vai dirixido a: desempregados, persoas en activo, emprendedores, empresas, asociacións e poboación en xeral.

Funcións

  • Asesoramento a emprendedores
    Consistente en informar e asesorar a persoas con proxectos empresariais, promovendo a creación de empresas, indicándolles as posibles axudas e subvencións das que se poden beneficiar.
  • Proxectos de formación e creación de emprego
    A creación de postos de traballo a nivel local é fundamental nunha poboación na que o paro, principalmente entre os colectivos máis desfavorecidos, mozos, mulleres e parados de longa duración, é importante. Por ese motivo, dende a Mancomunidade, deseñanse unha serie de plans de creación de emprego, e realízanse as xestións necesarias para obter financiamento público para os mesmos.

Entre estes proxectos destacan os seguintes:

  • Programas de Cooperación
    Forman parte das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Con estes programas lévase a cabo a contratación de traballadores desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. As persoas contratadas adquiren unha experiencia profesional para mellorar a súa empregabilidade e poder acceder con posterioridade a un posto de traballo estable por conta propia ou allea.
  • Obradoiros de Emprego
    Encadrados dentro das políticas activas de emprego, son programas mixtos que combinan accións de formación e emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas , coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de traballo.
  • Cursos formativos
    Planificación de cursos de formación dirixidos a desempregados, traballadores en activo, tanto por conta propia como por conta allea, empresas e poboación en xeral.
  • Seguimento de axudas e subvencións
    Seguimento diario de boletíns oficiais para a detección de axudas e subvencións de diversos proxectos de formación e creación de emprego susceptibles de financiamento deste tipo de medidas.

E-mail: aedl@terradecelanova.es

FEDER - Fondo Europeo de Desenvolvemento RexionalRede de Técnicos de Emprego de GaliciaXunta de Galicia - Consellería de Enconomía, Emprego e Industria
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Hípica O Mundil (Cartelle)
Celanova
Torre de Vilanova dos Infantes
Vilanova dos Infantes
Mercado de Celanova
Hórreo
Hórreos en A Guía (Gomesende)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.