Ir arriba

Información sobre Celanova

Superficie: 67,3 km²
Poboación (INE 2015): 5.536 habitantes.

Este municipio ourensán, é berce de galegos ilustres como San Rosendo, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, ou Castor Elices. Tres estatuas de Buciños, Asorey e Acisclo Manzano lémbranos ao longo do centro urbano.

Podemos iniciar a visita na parte antiga da vila onde se atopa o mosteiro benedictino de San Salvador, que constitúe un dos mellores exemplares do barroco galego. A súa igrexa abacial iniciouse no século XVI baixo a dirección de Melchor de Velasco. Na segunda metade do século XVII iníciase a renovación da fábrica monacal pola fachada da igrexa. Ao fondo, a dieciochesca torre dos Abades. De todo este conxunto destaca o retablo maior con relieves de alabastro policromado no basamento. O coro, de 66 sitiales, relata as vidas de San Benito e San Rosendo. A sillería alta ojival- flamígera de fins do século XV posúe curiosas misericordias. Ten dous claustros, o das Procesións, con piso baixo tardogótico (1550-1590), e o piso alto deseñado polo monxe frei Plácido Igrexas, unha das obras mestras do barroco decorativo dieciochesco. O claustro novo terminado en 1722, é xónico. No xardín sitúase a capela de San Miguel, verdadeira xoia da arte mozárabe, que constitúe o único vestixio da época do seu fundador. Ao finalizar esta visita é recomendable un paseo polo casco antigo, percorrendo as rúas de Arriba, de Abaixo, da Botica e A Praza do Millo, de forte sabor popular.

Celanova ofrécenos a posibilidade de mergullarnos no máis puro sabor do pasado medieval se nos encamiñamos nun curto paseo de menos dun quilómetro a Vilanova dos Infantes, núcleo veciño nacido pola fundación da nai de San Rosendo dun convento feminino.

O seu casco antigo está presidido pola Torre da Homenaxe. É unha fermosísima localidade que conserva as súas trazas medievais de estreitas rúas que ascenden ata a torre do Castelo (s. XIV), agora transformada en Centro de Información Comarcal, dende onde se divisa unha largacía panorámica. A lenda di que o nome lle vén de once nenos nacidos nun só parto, aínda que a realidade é que antes se chamaba das Infantas, pois ingresaban no mosteiro mulleres da nobreza e mesmo a filla dalgún rei.

Parroquias: A Veiga (San Paio), Acevedo do Río (San Xurxo), Alcázar de Milmanda (Santa María), Amoroce (Santiago), Ansemil (Santa María), Barxa (San Tomé), Bobadela (Santa María), Cañón (San Lourenzo), Castromao (Santa María), Celanova (San Rosendo), Fechas (Santa María), Freixo (Santa Cristina), Milmanda (Santa Eufemia), Mourillós (San Pedro), Orga (San Miguel), Rabal (San Salvador), Vilanova dos Infantes (San Salvador), Viveiro (San Xoán).

Hípica O Mundil (Cartelle)
Natureza (Pontedeva)
Claustro do Mosteiro de Celanova
Mosteiro de Celanova
Mercado de Celanova
Terras de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Torre de Sande (Cartelle)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.