Ir arriba

Información sobre Ramirás

Superficie: 40,7 km²
Poboación (INE 2015): 1607 habitantes.

Ramirás é un municipio de beleza natural espectacular con multitude de paraxes pintorescas, adecuados para o descanso, como a área recreativa da Pontenova con praia fluvial ou os lugares próximos ás pontes de Mosteiro e Pontemadeiros. A área recreativa de San Paio dos Pitos, é outro destas belas paraxes coa particularidade de ter na súa contorna unha preciosa e acolledora ermida onde se celebra todos os anos unha romaría. Os amantes da caza dispoñen dalgúns cotos con importante riqueza cinexética así como os afeccionados á pesca fluvial que ten no río Tuño boa riqueza piscícola. Abundan os regatos de certa entidade, como o Abelaira, favorecidos pola proximidade de altas montañas que albergan neve no inverno e cuantiosas precipitacións.

Parroquias: Casardeita (Santiago), Escudeiros (San Xoán), Freás de Eiras (Santa María), Grixó (Santa Isabel), Mosteiro (San Pedro), Paizás (San Salvador), Penosiños (San Salvador), Rubiás (Santiago), Santo André de Penosiños (Santo André), Vilameá de Ramirás (Santa María).

Mercado de Celanova
Claustro do Mosteiro de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Torre de Vilanova dos Infantes
Torre de Sande (Cartelle)
Hípica O Mundil (Cartelle)
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.