Ir arriba

Novas e actividades

Fundación Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova. Proxecto

Fundación Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova. Proxecto

A Deputación Provincial de Ourense concede unha subvención para o proxecto “Taller de xardinería inclusiva”

 

Celanova, 07 de setembro de 2023. - A Deputación Provincial de Ourense no concurso público para a concesión de subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2023, outorgou a Fundación para a Protección Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova unha subvención  para o Proxecto denominado “Taller de Xardinería inclusiva”.

O noso obxectivo e a mellora dos recursos do taller. A través desta subvención a Deputación Provincial de Ourense cofinancia a compra de uniformes de traballo para os usuarios: petos, batas e calzado apropiado, e a compra do plástico dun dos invernadoiros dos que dispomos dado o mal estado no que está.

O aprendizaxe vai dende a semente a recollida do produto terminado das distintas especies e variedades de hortalizas comestibles, plantas ornamentais, aromáticas... Todo mediante diferentes técnicas de preparación da semente , transplante, preparación do chan, rego, abono e recolección. Outro obxectivo do proxecto é estimular as habilidades cognitivas e manipulativas dos usuarios, fomentando unha metodoloxía práctica, activa e motivadora.

Vilanova dos Infantes
Claustro do Mosteiro de Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Celanova
Mosteiro de Celanova
Natureza (Pontedeva)
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreo

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.