MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
ANUNCIO
SUMARIO
Providencia de Presidencia da Mancomunidade Terra de Celanova pola que se dispón o inicio do trámite de consulta pública de ORDENANZA REGULADORA DE PRESTACIONS DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL que ten por obxecto:
A regulación da concesión das Axudas de Emerxencia Social coa finalidade de apoiar a aquelas persoas e familias que carecen de recursos económicos para afrontar necesidades básicas non cubertas polos diferentes sistemas públicos, tratando de paliar ou evitar as consecuencias físicas, psíquicas e sociais que dita carencia de recursos provoca cando afecta ao normal desenvolvemento das persoas en sociedade.
De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de ORDENANZA REGULADORA sobre PRESTACION DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL , solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de TRINTA DIAS a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Descargas de documentos
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com