Ir arriba

Novas e actividades

A Mancomunidade Terra de Celanova impulsa a reciclaxe da materia orgánica a través da compostaxe doméstica

A Mancomunidade Terra de Celanova impulsa a reciclaxe da materia orgánica a través da compostaxe doméstica










Celanova, 29 de outubro de 2024.- A Mancomunidade Terra de Celanova asinou un acordo de adhesión coa Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) para incorporarse ao programa de compostaxe doméstica.

Grazas a esta colaboración, Sogama proporciona 200 composteiros a Mancomunidade, cada un cunha capacidade de 400 litros, que serán distribuídos entre os veciños con vivendas unifamiliares dos concellos que integran a Mancomunidade: Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Esta medida busca fomentar a práctica da autocompostaxe entre os veciños e avanzar cara a unha xestión máis sostible dos residuos.

Ademais dos composteiros, entregarase un manual de uso, e técnicos de Sogama impartirán cursos presenciais en cada un dos oito concellos para instruír os veciños no proceso de autocompostaxe.

Con esta iniciativa, a Mancomunidade Terra de Celanova reforza o seu compromiso cunha xestión sostible dos residuos, poñendo especial énfase no tratamento da materia orgánica.

Natureza (Pontedeva)
Vilanova dos Infantes
Torre de Vilanova dos Infantes
Mosteiro de Celanova
Mercado de Celanova
Hórreo
Claustro do Mosteiro de Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.