MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS

Actividades realizadas subvencionadas polo Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (código de procedemento SI435A 2025-07) segundo a Resolución do 3 de xaneiro de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade - Curso de Primeiros Auxilios
Axuda cofinanciada pola Unión Europea
Obxectivos:
A actividade levada a cabo durante a anualidade 2024-25 é a seguinte: Primeiros Auxilios.
Obxectivos que se perseguiron coas actividades específicas do programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero:
- Potenciar a autoestima e a autonomía das participantes.
- Minimizar riscos asociados á sexualidade.
- Traballar a educación na igualdade para fomentar a súa autonomía e independencia.
- Promover a flexibilización de roles de mulleres e homes.
- Posibilitar que mulleres poidan atender as parcelas persoais e públicas en igualdade de condicións.
- Minguar a sobrecarga de responsabilidades familiares que a muller presenta, introducindo medidas que promovan a súa repartición equitativa e a non desvalorización das tarefas de coidados.
- Traballar sobre o concepto de violencia de xénero, tipos de malos tratos, coñecer o carácter progresivo dos malos tratos, etc.
- Visualizar a violencia de xénero.
- Identificar situacións de violencia en parellas.
- Reflexionar sobre cal é o seu estilo persoal en relación á desigualdade de xénero.
- Adquirir compromisos concretos para evitar a desigualdade de xénero na súa vida diaria e na súa contorna.
Tratouse dun proxecto mediante o cal se pretendeu unha intervención orientada para mellorar a situación das mulleres en situación de vulnerabilidade, actuacións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, incorporando na metodoloxía o enfoque de xénero. Accións de empoderamento de autoestima das mulleres, na procura da recuperación da súa identidade e autonomía e da restauración dos seus proxectos vitais, e de apoio na súa orientación persoal, social e laboral.
Resultados
Resultado xeral:
Mellorar a situación das mulleres en situación de vulnerabilidade.
Resultados específicos:
Actuacións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, incorporando na metodoloxía un enfoque de xénero. accións de empoderamento da autoestima das mulleres, na procura da recuperación da súa identidade e autonomía e da restauración dos seus proxectos vitais, e de apoio na súa orientación persoal, social e laboral.
Resultados finais:
- Reforzáronse os valores con respecto á igualdade e en contra da violencia de xénero.
- Facilitouse o desenvolvemento social.
- Mellorouse a calidade de vida das mulleres participantes.
- Facilitouse información novidosa e útil para levar a cabo día a día.
- Déronse ferramentas básicas de avaliación de primeiros auxilios.
Descargas de documentos








Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com