Ir arriba

Novas e actividades

Fomento de Parques Biosaudables

Fomento de Parques Biosaudables

Celanova, 1 de xullo de 2016.- A Mancomunidade Terra de Celanova pon en marcha un proxecto para fomentar o exercicio físico entre as persoas maiores a través dos parques biosaludables.

A Mancomunidade Terra de Celanova impulsa a actividade física entre os maiores nos parques biosaludables

Nos últimos anos a Mancomunidade ven traballando nunha serie de actuacións dentro da Oficina de Promoción de Saúde, no marco do seu compromiso pola promoción de hábitos de vida saudables entre a poboación. Nesta liña, e aproveitando a proliferación de parques biosaudables como ximnasios exteriores especialmente pensados para poder realizar un exercicio suave de forma atractiva, prevense xornadas informativas nos parque saudables de Celanova e Verea no mes de xullo e nos restantes no mes de setembro, nas que o personal técnico especialista explica cómo utilizar correctamente este tipo de máquinas.
 
En total, están previstas 15 sesións informativas gratuitas durante o mes de xullo. O prazo de inscrición está aberto, as persoas interesadas deberán dirixirse a Mancomunidade Terra de Celanova ou chamar o 988451646. En Celanova o horario será luns e mércores ás 9.30 e no concello de Verea os martes e xoves ás 9.30 horas.
 
Mediante a práctica de actividade física, os parques saudables convírtense nunha ferramenta útil para nivelar os posibles desequilibrios que suceden nos diferentes planos que inflúen no estado de completo benestar: físico, mental, social-emocional...

Unha vez se celebre a xornada informativa, e co obxetivo de que exista unha continuidade no uso destes parques biosaludables, a iniciativa ofrece a asistencia dun técnico especializado varios días á semana para seguir traballando cas persoas usuarias dos parques e crear unha maior adherencia á actividade.
 
A actividade física, unha adecuada alimentación e hixiene, o uso sostible dos nosos espazos e recursos naturais…, son todos eles campos de actuación nos que incidir a fin de avanzar  de cara un estilo de vida positivo, activo, e respetuoso co entorno.
 

Vilanova dos Infantes
Hórreo
Hípica O Mundil (Cartelle)
Torre de Sande (Cartelle)
Natureza (Pontedeva)
Mosteiro de Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Terras de Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.