Ir arriba

Novas e actividades

Actividades de Verán 2016

Actividades de Verán 2016

Celanova, 28 de xuño de 2016.-Os xogos cooperativos, manualidades e actividades acuáticas comezarán o vindeiro venres, 1 de xullo de 2016, e serán levadas a cabo nas instalacións, tanto piscinas como locais sociais da Mancomunidade Terra de Celanova.

As actividades que levaremos a cabo nestes obradoiros de verán, promovidos pola Oficina de Fomento Cooperativo e pola Unidade de Promoción da Saúde da Mancomunidade Terra de Celanova, son propostas que buscan por unha banda diminuír as manifestacións de agresividade promovendo actitudes de sensibilización, cooperación, comunicación e solidariedade entre os nenos e por outra a activación física dos menores como a desaparición dos tempos mortos.

No desenrolo de cada xuntanza seguese unha práctica educativa que conxuga actividades lúdico-educativas, relacionadas coa creatividade e o desenrolo artístico: manualidades, pintura, debuxo, música, xogos e animación, deporte e medioambiente. Deste modo as actividades dividíronse en:

• Xogos de Coñecemento
• Xogos de Afirmación
• Xogos de Confianza
• Xogos de Cooperativos
• Xogos de Grandes xogos de interior
• Xogos de Grandes xogos de exterior
• Xogos de distensión
• Competicións e duelos entre parellas
• Técnicas de animación e quecemento grupal
• Xogos sen materiais
• Xogos na natureza
• Xogos de comunicación Manualidades
• Resolución de conflitos Cursos de natación Iniciación a kayak Xogos acuáticos

Todos estes talleres facilitan o encontro con outros e o acercamento ademais de buscar a participación de todos, predominando os obxectivos colectivos sobre as metas individuais. Os nenos xogan con outros e non contra os demais; xogan e fan diferentes proxectos para superar desafíos ou obstáculos e non para superar aos outros, así como evitar o sedentarismo e os malos hábitos á hora de facer actividade física. Pretendemos deste xeito afastarnos do individualismo e promover a cooperación entre os mais cativos.

Entre os principais resultados que se pretenden conseguir destacarán os seguintes: Facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral dos pais e nais dos e das participantes. Procurar un espazo educativo onde os nenos e as nenas entren en contacto coa natureza. Crear unha rede de relacións sociais entre iguais. Conseguir a integración entre os nenos/as, aceptando a diversidade social e cultural. Tomar conciencia do valor das actitudes saudables na súa vida. Desenvolver capacidades alternativas da súa propia personalidade. Desenvolver actitudes positivas para o aproveitamento do seu tempo de lecer. Evitar o sedentarismo no/na neno/a, permanecendo sempre activos.

Desenvolver habilidades fomentando a creatividade. Fomentar as destrezas manuais a través dos talleres de xeito entretido e divertido. Aprender a analizar situacións conflitivas reais a través de publicacións, televisión, Internet, e sobre todo na vida diaria… Previr á violencia de xénero dunha forma práctica e participativa. Coñecer os roles e estereotipos ademais de establecer pautas e estratexias para concienciar moito mellor ó alumnado sobre este tema. Aprender a recoñecer os sentimentos de intolerancia.

A metodoloxía empregada no proxecto basease nestes tres criterios:

1. Favorecer a comunicación, o diálogo, a investigación e a creación artística: Fomentando a espontaneidade, a liberdade de opinión, así como a creatividade individual e colectiva, a través do xogo. Con isto, incidimos na mellora da seguridade, na confianza e na autoestima do/a neno/a. Sempre nun clima relaxado, sen presións e sen ánimo competitivo. Unhas boas aliadas no noso traballo de desenvolvemento da creatividade nos nosos nenos e nenas son as técnicas creativas xa que contamos cun gran número de procedementos para organizar e desenvolver as actividades para estimular o pensamento diverxente que se poden levar á aula, adaptándoas ás diferentes idades e aos diferentes contidos.

2. Empregar os recursos da nosa contorna usando materiais reciclados e reducindo o noso consumo e a nosa pegada ecolóxica: O noso obxectivo é que os nosos pequenos, teñan unha primeira toma de contacto no labor da reciclaxe, empezando por separar os lixos que se xeran durante as actividades, coñecendo os diferentes colectores que nos atopamos nas rúas e vendo como é posible reutilizar algúns dos materiais que poderiamos considerar de refugallo.

3. Desenvolver o espírito crítico e fomentar o traballo cooperativo: Desenvolvéronse actividades que promoven dinámicas de equipo, non só de carácter activo, se non tamén reflexivo, ou a conxunción de ámbalas dúas estratexias a través do xogo. A capacidade de todos os nen@s de aprender a traballar cooperativamente cos demais é a pedra crave para construír e manter matrimonios, familias, carreiras e amizades estables. Ser capaz de realizar habilidades técnicas como ler, falar, escoitar, escribir, calcular e resolver problemas é algo valioso pero pouco útil se a persoa non pode aplicar estas habilidades nunha interacción cooperativa coas outras persoas no traballo, na familia e nas contornas comunitarias. A maneira máis lóxica de salientar o uso do coñecemento e as habilidades dos alumnos dentro dun marco cooperativo, tal como deberán facer cando sexan membros adultos da sociedade, é dedicar moito tempo á aprendizaxe destas habilidades en relacións cooperativas cos demais
 

Hórreo
Mercado de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Torre de Vilanova dos Infantes
Hípica O Mundil (Cartelle)
Terras de Celanova
Celanova
Torre de Sande (Cartelle)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.