Ir arriba

Novas e actividades

Entrega de terminais de comunicación "TETRA"

Entrega de terminais de comunicación

Celanova, 9 de novembro de 2016.- A Mancomunidade Terra de Celanova está adherida a Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia (RESGAL) da Xunta de Galicia, que  emprega a tecnoloxía ‘TETRA’, a máis punteira para este tipo de redes de seguridade pública e que se caracteriza pola súa probada fiabilidade incluso en situacións extremas ou de saturación, como accidentes, desastres naturais ou grandes aglomeracións.

Tratase dunha  rede de telecomunicacións propia que permite coordinar todas as forzas de seguridade e emerxencias integrados nela.

No día de hoxe fixose entrega na sede da AGASP de terminais de comunicación “TETRA” á Mancomunidade Terra de Celanova por parte da Xunta de Galicia.

Grazas a estes novos dispositivos o servizo de Bombeiros desta Mancomunidade poderá coordinarse en calquera evento cos seus homólogos, o que supón un salto cualitativo na mellora de atención e coordinación as emerxencias en Galicia e da resposta a unha demanda do sector.

Vilanova dos Infantes
Mosteiro de Celanova
Claustro do Mosteiro de Celanova
Terras de Celanova
Mercado de Celanova
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Hórreo

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.