Ir arriba

Novas e actividades

Concurso de creación de empresas de base social

Concurso de creación de empresas de base social

Entrega de premios “Concurso de creación de empresas de base social”

 
Este programa atópase dentro da programación anual da Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova e naceu co fin de promover a cultura emprendedora de base social (Sociedades Cooperativas e Laborais) na Comarca e fomentar así a creación de proxectos empresariais.
 
 
A iniciativa é parte dos obxectivos definidos no proxecto para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social da Rede Eusumo, que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria, do cal se desprenden unha serie de accións que favorezan o emprego entre os mozos da comarca. Entre elas, o fomento da emprendizaxe como vía de autoemprego e desenvolvemento económico.
 
Concurso de creación de empresas de base social:
 
-Obxectivo: creación dun modelo de empresa de base social, é decir a elaboración dun dossier simplificado sobre unha idea empresarial coa terminación xurídica das sociedades cooperativas.
-Destinatarios: aberto a mozos con idades comprendidas entre os 11 e os 29 anos de idade, podendo presentarse de forma individual ou colectiva (en grupo, sen dotación de número mínimo).
-Prazo de presentación: ata o 30 de setembro.

Premio: 300€ para o proxecto empresarial de base cooperativa que argumentou de mellor xeito a viabilidade técnica do mesmo así como o seu carácter innovador. O premio consistíu nun vale canxeable por material didáctico, audiovisual ou informático por o valor comentado anteriormente.

Así ben o proxecto premiado neste concurso foi o deseñado por un grupo de 6 alumnos do CPR Sagrado Corazón de Celanova, quenes deseñaron unha Sociedade Cooperativa que pon solución á problemática da soidade dos anciáns no noso país, onde máis de sete millóns de persoas superan os 65 anos de idade dos cales un 20% viven sós nas súas vivendas.

Trátase dun proxecto que auna actividades lúdico/deportivas con xornadas formativas, actividades de sociabilización, viaxes, etc. coa finalidade última de crear un punto de encontro físico para os nosos maiores e que así estes consigan establecer vínculos afectivos con outras persoas do seu rango de idade e acadar a diminución ó máximo do aislamento e desamparo da poboación máis envellecida.
 

Galería de fotos

Concurso de creación de empresas de base social Concurso de creación de empresas de base social Concurso de creación de empresas de base social
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Mercado de Celanova
Mosteiro de Celanova
Terras de Celanova
Claustro do Mosteiro de Celanova
Torre de Sande (Cartelle)
Hípica O Mundil (Cartelle)
Hórreos en A Guía (Gomesende)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.