Ir arriba

Novas e actividades

Novo remolque equipado para emerxencias

Novo remolque equipado para emerxencias

A Mancomunidade Terra de Celanova recibe un novo remolque equipado para situacións de emerxencias

 
Celanova, 17 de novembro de 2016.- O Director Xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, fixo entrega hoxe ao Presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, José Antonio Pérez Cortés, dun remolque con material de intervención de emerxencias destinado a prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima

Este equipamento é froito dun acordo entre a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e a Mancomunidade Terra de Celanova

O remolque, que se sumará ao parque móvil dos bombeiros da Mancomunidade, ven equipado con electrobomba sumerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserra, rozadora, unha torre de iluminación e un kit de balizamento e sinalización.

O Presidente da Mancomunidade sinala a importancia desta dotación para incrementar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións do Servizo de Bombeiros desta entidade
 

Galería de fotos

Novo remolque equipado para emerxencias Novo remolque equipado para emerxencias
Vilanova dos Infantes
Hórreo
Terras de Celanova
Torre de Vilanova dos Infantes
Mercado de Celanova
Claustro do Mosteiro de Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Hórreos en A Guía (Gomesende)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.