Ir arriba

Novas e actividades

Acto de clausura do Obradoiro de Emprego Xuvenil

Acto de clausura do Obradoiro de Emprego Xuvenil

 

Neste obradoiro, participaron 15 desempregados dos 8 concellos que integran a Mancomunidade Terra de Celanova: A Merca, Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea, Celanova e Pontedeva.
 


Celanova, 28 de marzo de 2017.- O Presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, José Antonio Pérez Cortés, xunto con alcaldes e representantes dos concellos membros da Mancomunidade, recibiron onte a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, ao acto de clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “EmprendeXoven” realizado durante os últimos seis meses nas instalacións da Mancomunidade.
 
A Mancomunidade Terra de Celanova en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Fondo Social Europeo, desenvolveu este Obradoiro de Emprego ao abeiro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
 
Este Obradoiro, promovido pola Mancomunidade Terras de Celanova tivo como finalidade formar a 15 alumnos-traballadores nas competencias profesionais da especialidade de Xardineria, de xeito que poidan insertarse no mercado laboral.
 
A delegada territorial expuxo as vantaxes que supoñen os obradoiros de emprego como é a súa contribución a fixar poboación no rural e agradeceu, deste xeito, a colaboración e coordinación dos concellos cos obradoiros de emprego para contribuír a mellorar o emprego.


Actuacións realizadas:
 
Durante os seis meses que durou esta iniciativa de emprego, logo da súa etapa inicial de formación, os alumnos e alumnas puxeron en práctica os coñecementos adquiridos.

Así centraron os seus esforzos no mantemento de xardíns, parques e zonas verdes do barrio da Ermida e do aparcadoiro das Triguerizas, no concello de Celanova; en Verea, na parcela Lama de Muíño; executaron accións de mantemento e mellora da zona verde da Concentración de canastros, en Val do Seixo, na Corredoira, e na contorna da Casa do Concello, no municipio da Merca; en Gomesende traballaron na contorna da Casa do Concello, e na contorna das escolas de Poulo e da capitalidade; o parque dos amedos do Picouto foi o lugar escollido para que os alumnos e alumnas traballaran no concello de Ramirás; en Pontedeva centráronse no entorno da capela de San Bartolomeu, en Xinzo, e nas contornas da ludoteca, do cruceiro e da praza do lugar de Trado; o campo da feira de Cartelle foi o emprazamento que beneficiouse das actuacións do obradoiro; e, finalmente, en Quintela de Leirado as accións xiraron arredor do centro de saúde, da Casado Concello e das piscinas municipais.

Galería de fotos

Acto de clausura do Obradoiro de Emprego Xuvenil
Mercado de Celanova
Terras de Celanova
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Vilanova dos Infantes
Hípica O Mundil (Cartelle)
Natureza (Pontedeva)
Hórreo

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.