Ir arriba

Novas e actividades

A Mancomunidade Terra de Celanova, foi galardoada nos premios Coopera Galicia 2016

A Mancomunidade Terra de Celanova, foi galardoada nos premios Coopera Galicia 2016

Celanova, 27 de marzo de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu este martes o acto de entrega dos Premios Coopera Galicia Entidades Locais 2016, que teñen como obxectivo recoñecer a traxectoria de colaboración e os proxectos innovadores dos concellos galegos que buscan mellorar os servizos á cidadanía.
 
Os Premios “Coopera Galicia” que convoca a Xunta de Galicia recoñecen os mellores proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
A Mancomunidade Terra de Celanova, premiada por terceira ocasión, foi galardoada nesta edición co segundo premio polo proxecto “Implantación do servizo de fisioterapia e podoloxía no programa de axuda no fogar”. Con esta iniciativa, mellórase a calidade deste servizo, destinado a persoas maiores con déficits de autonomía ou con discapacidade.

Os outros premiados nesta edición foron, co primeiro premio, a mancomunidade da comarca de Ordes, polo seu servizo Conecta CIM, e co terceiro galardón a mancomunidade turística Terras do Avia coa posta en marcha da súa aplicación turística.

Galería de fotos

A Mancomunidade Terra de Celanova, foi galardoada nos premios Coopera Galicia 2016
Torre de Vilanova dos Infantes
Mercado de Celanova
Claustro do Mosteiro de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Hípica O Mundil (Cartelle)
Natureza (Pontedeva)
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreo

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.