Ir arriba

Novas e actividades

Xornada de Prevención. Dia 30 setembro na Praza Maior de Celanova

Xornada de Prevención. Dia 30 setembro na Praza Maior de Celanova

Celanova, 15 de setembro de 2017.- O vindeiro sábado 30 de setembro terá lugar unha Xornada de Prevención por parte do Corpo de Bombeiros da Mancomunidade Terra de Celanova en colaboración con outros corpos de emerxencias. Na Praza Maior de Celanova, de 11h a 18h.
 
Promovido pola Mancomunidade Terra de Celanova. Colabora o Concello de Celanova, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia e o 061 Urxencias Sanitarias. Contará coas seguintes actividades:
  • 12:00h.  -  Práctica de extinción de incendios en cociña
  • 12:30h. -  Simulacro de rescate urbano executado por nenos
  • 13:00h. -  Exhibición de rescate e excarceración
 
Durante a xornada mostraranse os E.P.I do servizo de Bombeiros, materiais, equipamento e exposición de vehículos de emerxencias de Bombeiros, Policía Local, Garda Civil, PMA e 061
 
A xornada de Prevención enmárcase dentro das actividades de sensibilización e a formación (charlas, Talleres, circuítos de seguridade..) que desde o servizo de Bombeiros da Mancomunidade levarán a cabo nos colexios da comarca ao longo da semana do 25 de setembro, co fin de potenciar a prevención e a autoprotección, e dese modo reducir non só o número de intervencións senón tamén a gravidade das mesmas.
 
 

Galería de fotos

Xornada de Prevención. Dia 30 setembro na Praza Maior de Celanova

Descargas de documentos

Mercado de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Hípica O Mundil (Cartelle)
Torre de Vilanova dos Infantes
Vilanova dos Infantes
Natureza (Pontedeva)
Terras de Celanova
Hórreo

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.