Ir arriba

Novas e actividades

ACTO INAUGURACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO

ACTO INAUGURACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO

  • Neste obradoiro, participarán 20 desempregados dos 8 concellos que integran a Mancomunidade Terra de Celanova: A Merca, Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea, Celanova e Pontedeva.
 
  • Os participantes obterán un certificado de profesionalidade que ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacional

Celanova , 29 de setembro de 2017.- O Presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, José Antonio Pérez Cortés, xunto con alcaldes e representantes dos concellos membros da Mancomunidade, recibiron hoxe ao Xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, Santiago Álvarez, acompañado do responsable do servizo, Rodrigo de Luis Francisco,  ao acto de inauguración do obradoiro de emprego “ Emprego, Saúde e Benestar” que  se vai realizar durante nove meses nas instalacións da Mancomunidade.
 
A Mancomunidade Terra de Celanova en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, desenvolverá este Obradoiro de Emprego ao abeiro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar ocupabilidade das persoas desempregadas a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral.
 
O proxecto Obradoiro de Emprego denominado “Emprego, Saúde e Benestar”, promovido pola Mancomunidade Terra de Celanova ten como finalidade formar a 20 alumnos traballadores dos concellos que forman a mesma , nas competencias profesionais das especialidades de Axuda no Fogar e de Atención Xeriátrica, de xeito que poidan insertarse á finalización do mesmo no mercado laboral.
 
Durante o acto o Presidente da entidade, José Antonio Pérez Cortés, destacou a colaboración institucional coa Xunta de Galicia e o potencial de inserción laboral que terá este Obradoiro de Emprego de carácter sociosanitario na contorna da comarca
 
 
 
 
 

Galería de fotos

ACTO INAUGURACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO ACTO INAUGURACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO
Hípica O Mundil (Cartelle)
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreo
Natureza (Pontedeva)
Terras de Celanova
Celanova
Mosteiro de Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.