Novas e actividades
- Neste obradoiro, participarán 20 desempregados dos 8 concellos que integran a Mancomunidade Terra de Celanova: A Merca, Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea, Celanova e Pontedeva.
- Os participantes obterán un certificado de profesionalidade que ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacional
Celanova , 29 de setembro de 2017.- O Presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, José Antonio Pérez Cortés, xunto con alcaldes e representantes dos concellos membros da Mancomunidade, recibiron hoxe ao Xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, Santiago Álvarez, acompañado do responsable do servizo, Rodrigo de Luis Francisco, ao acto de inauguración do obradoiro de emprego “ Emprego, Saúde e Benestar” que se vai realizar durante nove meses nas instalacións da Mancomunidade.
A Mancomunidade Terra de Celanova en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, desenvolverá este Obradoiro de Emprego ao abeiro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar ocupabilidade das persoas desempregadas a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral.
O proxecto Obradoiro de Emprego denominado “Emprego, Saúde e Benestar”, promovido pola Mancomunidade Terra de Celanova ten como finalidade formar a 20 alumnos traballadores dos concellos que forman a mesma , nas competencias profesionais das especialidades de Axuda no Fogar e de Atención Xeriátrica, de xeito que poidan insertarse á finalización do mesmo no mercado laboral.
Durante o acto o Presidente da entidade, José Antonio Pérez Cortés, destacou a colaboración institucional coa Xunta de Galicia e o potencial de inserción laboral que terá este Obradoiro de Emprego de carácter sociosanitario na contorna da comarca
Galería de fotos