Ir arriba

Novas e actividades

A Mancomunidade Terra de Celanova gaña o primeiro premio dos Coopera Galicia de Entidades Locais 2017

A Mancomunidade Terra de Celanova gaña o primeiro premio dos Coopera  Galicia de Entidades Locais 2017

Celanova, 17 de abril de 2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu o pasado venres día 13, a sexta edición dos “Premios Coopera”, que tiveron lugar no Mosteiro de San Clodio (Leiro), e que teñen como obxectivo poñer en valor e recoñecer as iniciativas de colaboración entre os concellos galegos.

Participaron no acto o Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, xunto cos representantes e persoal das entidades premiadas.

Nesta ocasión, os tres primeiros premios foron para as mancomunidades de Terra de Celanova, a Mariña Lucense e Terras do Avia, respectivamente.

O proxecto premiado desta Mancomunidade contempla a implantación dunha aula de conciliación, que se encargaría da atención para nenos entre os 3 e 17 anos, e de actividades formativas para mulleres, ampliando os servizos ofrecidos polo Centro de Información á Muller. Ofrecendo  ademais unha serie de iniciativas para fomentar a colaboración coas tarefas do fogar.

Recolleu o galardón o Presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, José Antonio Pérez Cortés, quen destacou a importancia da cooperación entre concellos e administracións.

Galería de fotos

A Mancomunidade Terra de Celanova gaña o primeiro premio dos Coopera  Galicia de Entidades Locais 2017 A Mancomunidade Terra de Celanova gaña o primeiro premio dos Coopera  Galicia de Entidades Locais 2017
Hórreo
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Natureza (Pontedeva)
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Celanova
Terras de Celanova
Mosteiro de Celanova
Torre de Vilanova dos Infantes

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.