Ir arriba

Novas e actividades

Visita de interese. Obradorio de Emprego Benemprega

Visita de interese. Obradorio de Emprego Benemprega

Os alumnos do Obradoiro de Emprego Benemprega, que se está a desenvolver na Mancomunidade Terra de Celanova, visitaron esta semana o Centro de Investigación en Mediciña Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago (CIMUS).
 
Alí puideron comprobar de primeira man como se está a investigar de xeito pioneiro o envellecemento, as enfermidades cardiovasculares, metabólicas e neurolóxicas; a empregabilidade das células nais pluripotentes e a tecnoloxía usada para elo por exemplo o microscopio confocal.
 
Tamén asistiron a unha conferencia maxistral do doutor Miguel Fidalgo, que introduciu ós alumnos no mundo da biomediciña, a epixenética, a reprogramación celular e a parabiose, así como os últimos avances en cancro e enfermidades raras como os cavernomas neurolóxicos, cunha alta incidencia no noroeste peninsular e en Xapón.
 
Os alumnos e a equipa directiva coincidiron en sinalar que a visita foi moi interesante e produtiva fomentando a transferencia de coñecementos sobre os últimos avances en investigación biomédica.

Descargas de documentos

Terras de Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Torre de Vilanova dos Infantes
Mercado de Celanova
Hórreo
Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.