Ir arriba

Novas e actividades

A Mancomunidade Terra de Celanova mellora o servizo de Punto limpo móbil.

A Mancomunidade Terra de Celanova mellora o servizo de Punto limpo móbil.

Celanova, 02 de decembro de 2019.- A Mancomunidade ven de adquirir un novo punto limpo móbil para mellorar a xestión e recollida daqueles residuos especiais que non teñen sistemas comúns de recollida, pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan un transporte especial de forma separada debido ás súas especiais características.
 

Con esta medida mellórase e amplíase o servizo prestado por este ente supramunicipal para a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa adecuada recollida e clasificación. Resultando ademais, polo seu volume, unha ferramenta eficaz para entornos de difícil acceso.
 
A Mancomunidade, dispón dun Punto Limpo no Polígono de Celanova, e dun sistema de recollida gratuíta de voluminosos, previa comunicación telefónica.
 
Para mellorar este servizo a Mancomunidade solicitou unha axuda á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a implantación de puntos limpos móbiles. Esta axuda será cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Este punto limpo móbil consiste nun vehículo con recolector de carga traseira para a recollida dos residuos e posterior traslado ao Punto Limpo para o baleirado dos residuos.


Galería de fotos

A Mancomunidade Terra de Celanova mellora o servizo de Punto limpo móbil. A Mancomunidade Terra de Celanova mellora o servizo de Punto limpo móbil. A Mancomunidade Terra de Celanova mellora o servizo de Punto limpo móbil. A Mancomunidade Terra de Celanova mellora o servizo de Punto limpo móbil.

Descargas de documentos

Natureza (Pontedeva)
Hórreo
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Celanova
Vilanova dos Infantes
Terras de Celanova
Mosteiro de Celanova
Torre de Vilanova dos Infantes

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.