Ir arriba

Novas e actividades

Proxecto de adecuación das instalacións do Punto Limpo da Mancomunidade Terra de Celanova.

Proxecto de adecuación das instalacións do Punto Limpo da Mancomunidade Terra de Celanova.













          


Proxecto de adecuación das instalacións do Punto Limpo da Mancomunidade Terra de Celanova.
Celanova, 26 de decembro de 2022.

A Mancomunidade Terra de Celanova é beneficiaria dunha subvención da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  por importe de 50.023,65 euros para a execución do proxecto de adecuación de instalacións para xestión da recollida de residuos da Mancomunidade Terra de Celanova,  a través de melloras e acondicionamento no Punto Limpo situado no polígono de Celanova.

A intervención promóvese coa finalidade de ofrecer un mellor servizo á cidadanía dotando ao punto limpo cun maior espazo que permitirá mellorar a xestión e as condicións de almacenamento dos residuos.

Esta liña de axudas da Xunta de Galicia é cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

O punto limpo é un servizo gratuíto para os usuarios dos concellos da Mancomunidade,  que ofrece a posibilidade de depositar aqueles residuos que, polas súas características específicas (volume, toxicidade, perigosidade, etc) deben recibir un tratamento especial e non poden ser depositados nos colectores de lixo habituais.

Ademais, desde o punto limpo tamén se ofrece á cidadanía a recollida a domicilio de voluminosos, servizo gratuíto que pode solicitarse vía telefónica no 988451646.
 
 

Torre de Vilanova dos Infantes
Claustro do Mosteiro de Celanova
Hípica O Mundil (Cartelle)
Hórreo
Terras de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Natureza (Pontedeva)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.