MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
Proxecto de adecuación das instalacións do Punto Limpo da Mancomunidade Terra de Celanova.
Celanova, 26 de decembro de 2022.
A Mancomunidade Terra de Celanova é beneficiaria dunha subvención da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por importe de 50.023,65 euros para a execución do proxecto de adecuación de instalacións para xestión da recollida de residuos da Mancomunidade Terra de Celanova, a través de melloras e acondicionamento no Punto Limpo situado no polígono de Celanova.
A intervención promóvese coa finalidade de ofrecer un mellor servizo á cidadanía dotando ao punto limpo cun maior espazo que permitirá mellorar a xestión e as condicións de almacenamento dos residuos.
Esta liña de axudas da Xunta de Galicia é cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.
O punto limpo é un servizo gratuíto para os usuarios dos concellos da Mancomunidade, que ofrece a posibilidade de depositar aqueles residuos que, polas súas características específicas (volume, toxicidade, perigosidade, etc) deben recibir un tratamento especial e non poden ser depositados nos colectores de lixo habituais.
Ademais, desde o punto limpo tamén se ofrece á cidadanía a recollida a domicilio de voluminosos, servizo gratuíto que pode solicitarse vía telefónica no 988451646.
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com