Ir arriba

Servizo de promoción e fomento do cooperativismo

A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade Terra de Celanova iniciou a súa andaina en xullo de 2012 grazas ó apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria e ao financiamento do Fondo Social Europeo. A súa actividade intégrase na Rede Eusumo e da servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e a economía social no ámbito territorial dos concellos de Cartelle, Celanova, A Merca, Pontedeva, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

A Oficina de Fomento Cooperativo emprázase na sede da Mancomunidade Terra de Celanova.

A principal tarefa da OFC é a de conseguir facer chegar a todas aquelas persoas emprendedoras a información necesaria sobre as Sociedades Cooperativas así como realizar labores de asesoramento e elaboración de plans empresariais.

Para realizar todo o mencionado anteriormente botase man de diversas técnicas informativas como a realización de obradoiros e xuntanzas, nas que poidamos pór a disposición dos cidadáns toda aquela información que se demande, así como, diversas actividades divulgativas. O que se pretende con todo isto é conseguir que a xente da comarca teña unha idea realista do que é unha empresa Cooperativa.

Como se mencionou anteriormente, levaránse a cabo obradoiros, nos que non só se dará conta dos aspectos teóricos das Cooperativas senón que nos involucraremos tamén de xeito práctico no estudio das mesmas, realizando dinámicas grupais e visitando algunha das sociedades cooperativas da Comunidade Autónoma.

Do mesmo xeito realizaremos un Estudo de Tendenzas sobre os Sectores Emerxentes na Comarca de Celanova para que aquelas persoas que estean dispostas a emprender teñan unha visión clara de cales son os nichos de mercado da zona. Pártese dunha visión retrospectiva das ideas de negocio establecidas na comarca e dos servizos e actividades carentes na mesma. Así mesmo, tamén se fai unha predicción sobre as tendenzas futuras de ditas líñas de negocio co que se obtén un mapa da situación vindeira da Comarca da Terra de Celanova.

Desempeñaranse tarefas de asesoramento e acompañamento de proxectos cooperativos así como accións formativas e informativas para emprendedores. Co fin principal de dar a coñecer a fórmula cooperativa e os seus principios e fundamentos básicos.

Levase a cabo un seguimento exhaustivo dos proxectos cooperativos en xestación.

A finalidade última do devandito anteriormente é promover a constitución de sociedades cooperativas na comarca da Terra de Celanova.

EUSUMO

E-mail: cooperativismo@terradecelanova.es

Hórreo
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Mosteiro de Celanova
Terras de Celanova
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Hípica O Mundil (Cartelle)
Celanova
Torre de Vilanova dos Infantes

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.