Ir arriba

Servizo de orientación laboral

A Orientación laboral consiste en axudar ás persoas desempregadas a atopar un posto de traballo. Isto conséguese proporcionando asesoramento, información e entrenamento en diferentes habilidades para facilitar a súa inserción profesional.

A Sociedade actual é moi cambiante, o que hai uns anos era válido agora pode non selo, as cousas non son iguais cando buscamos o noso primeiro traballo que cando o facemos por terceira vez. As necesidades das empresas vanse modificando, os contratos laborais son diferentes, as formas de acceso vanse adaptando ás necesidades da oferta e a demanda, os dereitos dos traballadores varían...

Polo tanto, temos que ter moi en conta que ademais de facer unha boa avaliación da situación, hai que actualizala cada certo tempo.

A persoa que mellor se adapta é a que percibe axeitadamente o que a rodea, para así actuar en consecuencia e beneficiarse ao máximo de cada situación.

Dúas persoas poden ter unha formación e unha experiencia laboral parecida e ter distintos resultados cando se enfrontan á busca dun emprego. Isto débese a que hai outros moitos factores que inflúen na consecución dun traballo. A situación persoal e psicosocial de cada individuo son factores determinantes.

A Orientación Laboral é unha ferramenta que o Servizo Público de Emprego de Galicia pon ao seu alcance para dar respostas ás súas necesidades.

Trabállase por medio de entrevistas de orientación que pode ser a entrada ao seu Itinerario Persoalizado de Inserción (IPI).

A orientación persegue incrementar a empregabilidade dunha persoa formándoa en técnicas de procura de emprego como a elaboración dun curriculo vitae, a busca de ofertas de emprego e a preparación de entrevistas de selección, desenvolvendo aqueles aspectos persoais que a axuden na consecución dos seus obxectivos, como o autocoñecemento e aumento da autoestima, a definición do perfil profesional e a motivación para a procura activa e permanente de emprego, etc...

Servizo de Orientación Laboral

E-mail: orientacion.laboral@terradecelanova.es

Mosteiro de Celanova
Celanova
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Torre de Vilanova dos Infantes
Claustro do Mosteiro de Celanova
Hípica O Mundil (Cartelle)
Natureza (Pontedeva)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.