Ir arriba

Benvida

Benvido/a á páxina web da Mancomunidade Terra de Celanova,

José Antonio Pérez Cortés

Como Presidente desta mancomunidade teño o pracer e a honra de saudarvos desde a nosa páxina web, podendo así chegar a todos os fogares dos concellos que forman parte desta entidade local e aos visitantes da nosa web.

Este espazo virtual aproxímanos a todos e todas e poderá facilitarvos moitas das xestións que teñades que facer na Mancomunidade, resolver dúbidas, información, abonar taxas, etc. Ao mesmo tempo, é unha satisfacción, dar a coñecer a fondo esta preciosa terra.

Esta páxina web é unha xanela desde a que che convidamos a visitar e coñecer os municipios que compoñen a nosa Mancomunidade e poder así mostrarche a súa riqueza natural, cultural e social.

A actualización desta web servirá para aumentar a información da Mancomunidade Terra de Celanova así como a transparencia nesta xestión que teño a honra de presidir, en colaboración cos demais concelleiros da Corporación.

Para que todos aqueles veciños e veciñas que no seu día tiveron que emigrar ao estranxeiro poidan vencer a súa morriña mediante un seguimento diario das noticias que teñen lugar na súa terra nai, sigamos facendo país mediante o reforzo dos vínculos de unión xerados ao redor do nome "Terra de Celanova".

Jaime Sousa Seara
Presidente Mancomunidad Terra de Celanova.

Mosteiro de Celanova
Vilanova dos Infantes
Torre de Sande (Cartelle)
Natureza (Pontedeva)
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Torre de Vilanova dos Infantes
Hípica O Mundil (Cartelle)
Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.