Ir arriba

Historia, patrimonio e recursos turísticos de Gomesende

A toponimia existente parece ser de orixe xermánico, aínda que os restos arqueolóxicos máis remotos fagan referencia a época romana. A súa posición próxima á fronteira favoreceu que fose un lugar de paso importante entre o país veciño Portugal, o val do Miño e Celanova. Por outra banda, e igual que o resto da Comarca, o concello estivo ligado ao Mosteiro de San Salvador de Celanova, que exerceu xurisdición na parroquia de Fustás. O resto do territorio formou parte dun señorío real do que, en 1214, Alfonso IX doou á Catedral de Ourense a herdanza de San Miguel de Gomesende.

O territorio foi zona de realengo ao longo de toda a Idade Media, así mesmo consérvase unha ampla variedade de nomes xermánicos (suevos), algunhas aldeas foron doadas a señores laicos co tempo, como os Puga, que tiñan o padroado da igrexa de Poulo, onde se conservan escudos e unha tumba pertencente a esta liñaxe ourensá. A igrexa de Poulo parace ser a "xoia da coroa" da casa Puga de Meréns debido a que é a igrexa de maior calidade artística dos tres pobos que tiñan (Meréns, Louredo e Poulo, todos eles con pobres capelas, a franxa formada por estes pobos cruzaba entre os Cotos pertencentes a Celanova e Arnoia). Tamén foron doadas varias aldeas ao mosteiro de Celanova, como San Lourenzo de Fustáns. A zona estaba cruzada por un camiño Real que desde Arnoia pasaba por O Val (e o seu santuario) baixaba por Poulo e conectaba con Celanova e Pontedeva respectivamente.

A maioría do que se conserva é arquitectura relixiosa en forma de igrexas e capelas, sobre todo as dieciochescas de Poulo e San Lourenzo de Fustáns, ambas do século XVIII e patrocinadas por señores feudais, laicos e relixiosos, así como o santuraio de O Val, igrexa semiconstruida que servía de lugar de paso no camiño real e santuario de sacerdotes retirados que querían vivir como anacoretas.

Igrexa

Arquitectura Relixiosa

IGREXA DE SAN PEDRO DE POULO

IGREXA DE SAN PEDRO DE POULO

Igrexa barroca na súa maior parte, xa que a capela maior é de época anterior, cuberta con bóveda de crucería, bóveda que conserva os nervios pintados, crese que relacionados co Mestre de Banga do século XVI. No século XIX realizáronse obras de restauración. O retablo maior é neogótico, obra de José Núñez.

SANTUARIO DE NOSA SEÑORA DA GUÍA

SANTUARIO DE NOSA SEÑORA DA GUÍA

Exteriormente presenta una fachada ocupada por una portada decorada con pilastras clásicas, cuya estructura hace que podamos hablar de una fachada-retablo. Sobre la fachada, un frontón con volutas inversas en los extremos, que se rematan con pináculos de bolas. Sobre el frontón hay un campanario en sencilla estructura, con un primer cuerpo de dos vanos donde van las campanas, y rematado con un cuerpo donde se sitúa la cruz. Los ábsides son rectangulares, coronados por pináculos rematados en bolas, y con ventanales cuadrados que en el interior están tapiados por retablos. La cubierta es una falsa bóveda, dividida en tres tramos semejando cañón en la nave, y de lunetos en la capilla mayor. En su interior destaca el retablo, que representa en su parte central la Huida a Egipto.

SANTUARIO DE NOSA SEÑORA DO VAL DE POULO

SANTUARIO DE NOSA SEÑORA DO VAL DE POULO

Santuario situado no monte. O edificio, sen terminar, é barroco. No exterior destaca o dobre cimborrio, anterior e posterior, ambos son octogonais e rematados en lanterna. No interior destaca a cuberta, de cúpula, levantada sobre pechinas, totalmente lisa e apenas decorada. O máis destacado é o retablo, labrado en pedra. Ten tres cales e tres corpos, coroados por unha hornacina que alberga unha imaxe do Espírito Santo. Presidíndoo todo atópase a imaxe de Nosa señora do Val.

Hórreos en A Guía (Gomesende)
Hípica O Mundil (Cartelle)
Claustro do Mosteiro de Celanova
Mosteiro de Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Natureza (Pontedeva)
Terras de Celanova
Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.