Ir arriba

Historia, patrimonio e recursos turísticos de Pontedeva

Os castros atopados nos lugares de Valiño e A Senra, constitúen a primeira evidencia de que estas terras foron habitadas por culturas prerromanas. Mesmo se especula coa posible existencia dunha antiga vía romana que, segundo algúns investigadores, pasaba por Pontedeva, o que facilitou o asentamento de pequenas comunidades nas zonas máis chairas do termo.

Créese que este concello existe dende tempo inmemorial, e que o feito de non dispor de documentación escrita, débese en parte a que o arquivo foi queimado pola facción de Salinas e do Farrapeiro que durante as guerillas carlistas operaban nesta zona fronteiriza e tiñan o cuartel en Castro Leboreiro.

O único documento que se conserva escrito en galego é unha carta dirixida ó rei, que está firmada por Pedro de Cima de Vila. O orixinal atópase no museo de Pontevedra e unha copia será exposta no concello de Pontedeva en breve.

O topónimo de Pontedeva, todo indica que o nome deriva de ponte sobre o río Deva; outros afirman a evolución das palabras ponte de Eva (persoa que financia a construción dunha das catro Pontes que hoxe cruzan o río Deva).

Na época medieval, o marqués de Malpica era, ata finais do século XVIII, quen se encargaba de impartir a xustiza ordinaria así como de cobrar os impostos, xa que estas terras pertencían ao seu señorío. Estaban Baixo a xurisdición de Milmanda.

Posteriormente formou parte do partido xudicial de Celanova dende o ano 1820, pero no ano 1965 foi incorporado ao partido xudicial de Ourense. Por último, en 1988 rematou pertencendo ao de Ribadavia

Este concello tamén sufriu as consecuencias da emigración de mediado do século XX. Esta é unha das causas do avellentamento da poboación

A historia recente de Pontedeva amósanos un concello que loita pola adquisición para dotarse de infraestruturas e equipamento para competir cos momentos actuais.

O Concello de Pontedeva posúe unhas paisaxes excepcionais que merece a pena visitar, xa que dependendo da época do ano, o val vístese de diferentes tonalidades que van dende os marróns intensos ata os verdes máis cálidos.

Ademais estamos mergullados nun val que está cruzado polo río Deva, famoso polas súas augas cristalinas e a súa riqueza troiteira. Esto xunto coa abundancia de corgas e regatos fan do concello un auténtico remanso de paz.

Iglesia

Arquitectura religiosa

IGREXA DE SAN BREIXO

IGREXA DE SAN BREIXO

Igrexa do século XVIII. Fachada barroca rematada en espadana. Retablo maior neoclásico e unha curiosa capela a Santa Lucía.

IGREXA DE SAN PELAIO DE TRADO

IGREXA DE SAN PELAIO DE TRADO

Igrexa do século XVIII con nave e capela maior cuberta de madeira. No seu interior destaca o retablo neoclásico, e unha curiosa capela lateral baixo a advocación de Santa Lucía cuberta con bóveda plana de pedra.

Puente

Arquitectura

PONTE

PONTE

A Ponte sobre o río Deva que se presenta na imaxe, foi camiño antigo de Celanova a Frieira. Presenta fábrica do século XIX, con dous vans con bóveda de medio punto e un desaugadoiro alintelado. Rasante empenado.

Hai que destacar que no concello hai 4 pontes máis de estilo románico.

ESCUDO DE ARMAS

ESCUDO DE ARMAS

Destaca a existencia de dous escudos de armas, un na Aldea, fronte á capela privada S. Xosé (Aldea), outro no Poste (antigo pazo, moi modificada a súa estructura arquitectónica).

CÁRCERE DE FREÁNS

Edificio destinado a cárcere no seu orixe, que foi trasladada de Milmanda no 1825 a petición de Francisco Domínguez de Trado. Foi connstruida no 1824, no reinado de Fernando VII según consta na lenda que figura na fachada do edificio denominándose "Cuartel del Norte" é construída sendo correxidor D. José Valado Y Capela.

Hípica O Mundil (Cartelle)
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Terras de Celanova
Hórreo
Vilanova dos Infantes
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Mosteiro de Celanova
Torre de Sande (Cartelle)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.