Ir arriba

Centro de Información á muller (CIM)

O Centro de Información á Muller (C.I.M.) é un recurso de carácter permanente dende o que se articula una intervención global dirixida ás mulleres da comarca Terra de Celanova e que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e laboral así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

As actividades de prevención, información, asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres vítimas desta, serán prioritarias para o CIM da Mancomunidade Terra de Celanova.

O CIM da Mancomunidade Terra de Celanova é un servizo encargado de informar sobre recursos dispoñibles na comunidade, sobre cursos, xornadas, conferencias, estudos en materia de igualdade de oportunidades, así como de sensibilizar á cidadanía na importancia da existencia dunha igualdade entre ámbolos dous sexos.

Entre as accións que se levan a cabo están o fomento do asociacionismo feminino, a promoción da participación das mulleres na vida social, cultural, formativa e laboral.

Xa que a información é un elemento necesario para que as persoas poidan exerce-los seus dereitos, nace a necesidade de creación dun servizo para as mulleres de atención, información, apoio psicolóxico e asesoramento xurídico co fin de facilita-la igualdade entre homes e mulleres. Este é o C.I.M. (Centro de Información á Muller), que durante o ano ofrece os seguintes servizos:

  • Asesoramento xurídico gratuíto.
  • Atención psicolóxica.
  • Orientación profesional.
  • Información de recursos dispoñibles no seu ámbito territorial (policía, xulgado, etc.).
  • Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos competentes.
  • Difusión dos servizos e actividades desenvolvidos polo Servizo Xeral de Promoción e Igualdade do Home e da Muller.
  • Atención específica a mulleres víctimas da violencia de xénero, facilitando e pondo á súa disposición os recursos da Comunidade Autónoma (sanitarios, policiais, psicolóxicos, sociais...) a través da xestión urxente. Esta é a función máis importante quizais que desenvolve o departamento.
  • Recepción de denuncias e queixas de discriminación por razón de sexo nos medios de comunicación e a publicidade, trasladándoas ó órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo (traballo con asociación xa existentes e fomento da creación de outras novas).
  • Fomento da participación das mulleres na vida civil.
  • Formación e información sobre temas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
  • Actividades: celebración de días mundiais (da muller traballadora, da muller rural, contra a violencia de xénero), realización de módulos de igualdade para colexios, cursos, xornadas...
  • Calquera outra actividade que teña por como finalidade acadar a igualdade.

O CIM conta tamén coa colaboración dos Servizos Sociais de Base da Mancomunidade "Terra de Celanova" para todos aqueles casos nos que se precise.

Subvención CIM

Actividades realizadas subvencionadas polo Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (código de procedemento SI435A 2023-32)
Descarga documento en formato PDF

E-mail: cim@terradecelanova.es

Torre de Sande (Cartelle)
Hípica O Mundil (Cartelle)
Terras de Celanova
Vilanova dos Infantes
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Natureza (Pontedeva)
Mosteiro de Celanova
Mercado de Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.