MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
A historia de Cartelle lévanos ineludiblemente a falar de Celanova e o seu mosteiro benedictino que, xunto a outros, exerceron gran influencia e foron os motores da economía da Galicia rural na Idade Media. A xurisdición do mosteiro estendíase por toda a comarca e amplas zonas da provincia e de fóra dela, establecendo priorados que recadaban rendas. Na zona próxima ao Miño, os monxes estimularon o cultivo do viñedo. Proba da súa influencia son as ruínas do antigo castelo de Sande, que foi cedido ao mosteiro por Alfonso VII no século XII. O abade do mosteiro acumulou varios títulos; conde de Bande, marqués da Torre de Sande e capelán da Casa Real.
IGREXA DAS MARAVILLAS
Nela ten lugar uno dos actos marianos máis importantes da provincia de Ourense. A igrexa, barroca, é de gran sinxeleza. A fachada principal atópase enmarcada en pilastras encostadas, sendo estas o único elemento ornamental. Sobre a porta sitúase un sinxelo frontón, lixeiramente insinuado nas súas volutas, en cuxo centro se atopa unha hornacina coa imaxe da Virxe. Na parte central elévase o campanario, de dous corpos e con contrafortes para alixeirar o seu peso, cuxo empuxe vertical contribúe a dinamizar a fachada.
O seu interior destaca pola sinxeleza. No retablo maior sitúase a imaxe da Virxe vestida de dama.
IGREXA DE SABUCEDO DOS MONTES
Construída entre 1895 e 1924. Segundo moitos autores, a obra, abovedada constitúe un exemplo de estilo neogótico. No seu interior destaca o retablo maior, obra de Magariños.
IGREXA DE SAN MIGUEL DE ESPIÑOSO
Igrexa barroca construída en 1749 e ampliada en 1780. O seu corpo aparece cuberto cunha estrutura de cemento que substitúe a antiga cubrición de madeira. A capela maior presenta unha bóveda de crucería estrelada. A fachada remátase cunha espadana e co escudo de armas dos Zúñigas e Biedamas. A decoración vexetal e a flor de lis nas partes inferiores dos capiteis estilizados das pilastras que flanquean a porta de entrada adscriben tipolóxicamente esta fachada ao Mestre Serapio.
No seu interior conserva un retablo maior neoclásico así como dous retablos laterais un neogótico con relevos do século XVIII e outro do século XIX e XX.
IGREXA DE SAN SALVADOR DE SANDE
Edificio dunha soa nave, dividida en catro tramos separados por arcos de medio punto con contrafuertes exteriores e capela maior individualizada e con acceso a través dun arco de medio punto. Ata a súa recente reconstrución, a nave estaba cuberta por un interesante artesonado. Na actualidade loce parte do mesmo.
Ao exterior, na cara norte ábrese unha porta lateral moi decorada. A fachada, que presenta torre dun só corpo con balaustrada que permite o acceso ao templo por unha porta entre pilastras, remarcada con molduras en liña crebada. O tímpano, recto na súa parte superior aparece seguido por unha xanela que ilumina a sacristía. No seu interior destaca o retablo maior, de Castro Canseco do primeiro cuarto do século XVIII.
IGREXA DE SANTA BAIA DE ANFEOZ
Igrexa de estilo barroco, pertencente no seu momento ao mosteiro de Celanova. O máis destacado exteriormente é o seu estilizado campanario. A igrexa péchase cun vistoso muro de pedra. É de resaltar a escalinata de acceso á porta principal, flanqueada por dúas cruceiros, así como o peto de ánimas encostado ao muro da igrexa.
IGREXA DE SANTA MARÍA DE CARTELLE
Datada no século XVIII, a igrexa de Santa María de Cartelle é de planta basilical con tres naves e outras tantas portas na fachada principal. No seu interior destaca un interesante retablo barroco.
A igrexa pertenceu aos templarios, e estivo baixo a xurisdición de Quiroga (Lugo).
IGREXA DE SANTA MARÍA DE COUXIL
Igrexa do século XVIII con cuberta de madeira e unha fachada simple con espadana de dous corpos. Ao exterior da igrexa, e cara ao final ao lado dereito, despois da sacristía destaca un ara romana con inscricións incrustadas na edificación.
IGREXA DE SANTA MARÍA DE MUNDIL
Destaca a fachada barroca, dunha soa torre que se alza á dereita da fachada principal. A torre divídese en tres corpos, separados por balaustradas. A fachada principal posúe un curioso frontón, cuxas formas curvas contribúen á ornamentación do edificio.
IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILAR DE VACAS
Templo construído no século XVIII, xa que en 1718 fúndase unha Capellanía nesta freguesía de advocación á nosa Señora da Misericordia. Posteriormente o templo foi reconstruído no século XIX. Ao exterior, é unha construción simple rematada en espadana. No seu interior, cuberto totalmente de madeira destaca o retablo maior, obra barroca da segunda metade do século XVIII.
IGREXA DE SANTIAGO DE PENELA
Templo de cronoloxía indefinida, con fachada rematada en espadana. O seu interior con cobertura de madeira. Destaca o retablo maior, de finais do século XVIII, barroco. Os retablos laterais se embuten dúas pequenas imaxes de San Pedro (un no lateral dereito e outro no esquerdo) que destacan pola súa talla; ambas son obra barroca da segunda metade do século XVII.
AREA RECREATIVA DA PONTE NOVA
Ponte de tres vans sobre o río Arnoia. Presenta fábrica de sillería do século XVII con arcos apuntados e tajamares triangulares. A ponte tomou máis terreo con laxas de formigón. Sobre el pasa a estrada de Vilavidal a Outomuro.
FORTALEZA DE SANDE
Situada sobre o río Arnoia, onde dispón dunhas espléndidas vistas dos canóns que forma este río, constituía a sede dunha xurisdición que abarcaba varias parroquias da zona. Foi doada ao mosteiro de Celanova por Alfonso VII, alcumado O Emperador, en 1141.
Trátase dunha fortaleza medieval que foi especialmente concibida para a vixilancia e defensa das terras da súa xurisdición, constituíndo un dos principais vestixios de arquitectura militar existentes na comarca, o que certifica a importancia desta na Idade Media, durante as loitas entre España e Portugal. Na actualidade, mantense en pé unha torre rectangular, declarada de Interese Turístico Nacional en 1949. Posiblemente trátese dunha construción de estilo Gótico tardío, do s.XIV, polo que se pode deducir do seu almohadillado e do arco de medio punto da porta, na que leva decoradas as armas e o escudo do apelido Sande.
Sobre a súa parte cultural cabe decir que a Torre de Sande, cuio orixe foi a fortaleza medieval que pertenceu ao Mosteiro, está emprazada nun montículo, desde o que se divisa unha ampla panorámica que comprende xa a terra do Ribeiro, cos vales do Miño e Arnoia. Preto de aquí é interesante visitar a Casa do Outeiro, do século XVIII.
ÁREA DE AUTOCARAVANAS CLUB HÍPICO El MUNDIL
Nogueiró-Cartelle
Tel: 988 491 111
http://www.omundil.com
CLUBE HÍPICO O MUNDIL
Nogueiró-Cartelle
Tel: 988 491 111
http://www.omundil.com
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com