MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
Superficie: 51 km²
Poboación (INE 2015): 2021 habitantes.
O concello de A Merca, aséntase nunha zona de transición climática entre os dominios do oceánico mediterráneo e do oceánico continental.
Os valores térmicos medios anuais oscilan arredor dos 120 para a zona S. (a media mínima corresponde a xaneiro, con 6,50 e a máxima a xullo, con 19,20) e de 150 para a zona N., media mínima en xaneiro (6,90) e máxima en xullo (22,90). As precipitacións acadan na metade Sur, entre 1000 e 5000 mm.
A rede hidrográfica do municipio organízase arredor do Barbaña e o Arnoia e outorgan á paisaxe belos paraxes como a área recreativa de Rubillón, a beiras do río Arnoia. O primeiro nace no Alto de A Manchica e únese
ao Miño en Ourense. O Arnoia, aínda que é afluente do Miño, constitúe unha subcutánea propia e inicia o seu percorrido no termo de A Merca, tras cruzar un auténtico canón (Muíño dos Mouros-Salpurido) con cascadas,
e a partir de Rubillós comeza a escavar un val. Recibe pola dereita os arroios de Os Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro, e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.
A maior parte do territorio municipal, atópase nunha altitude comprendida entre os 400 e 500 m. Por riba dos 500 m. discorre o cordón intermedio, que divide en dúas partes case iguais o termo, en realidade unha débil e longa prolongación do Outeiro de Boa Madre (Bobadela) e dos Montes de Augas Santas e Cousa, cuia dirección SO, separa as cuncas do Miño e do Arnoia. Neste senso habería que entender o Monte de Castrelos (645 m.), Outeiro de Fontefría (561 m.) e Alto de Rodela (510 m.). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do NO., como A Vaqueiriza (522 m.), Labradas (602 m.), Castro de Pereira (530 m.), O Pozo (540 m.) e As Picoñas (550 m.). A Cota máxima localízase nos límites co concello de Allariz, nos Montes do Barracel (856 m.). Dende o punto de vista xeolóxico, o Precámbrico e o Paleozoico indiferenciado abarcan case a metade do termo, ao N., e ao O.,
Parroquias: A Manchica (Nosa Señora de Lourdes) , A Merca (Santa María) , A Mezquita (San Pedro) , Corvillón (Santa María) , Entrambosríos (Santa Mariña) , Faramontaos (San Xes) , Olás de Vilariño (Santa María) , Parderrubias (Santa Olaia) , Pereira de Montes (Santa María) , Proente (Santo André) , San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) , Zarracós (Santo André).
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com