MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
DISTANCIA: 11 km.
DIFICULTADE: Moderada.
DESCRIPCIÓN: Partese de Outeiro de Augas cara as Catro Cruces, con grabados prehistóricos e cruces medievais de divisións de parroquias. De seguido, chegaremos ao gran túmulo funeraio de A Mota e continuase ata o foxo do lobo, unha trampa de orixe medieval para cazar ao lobo logo dunha gran montaría comunitaria.
Continuase ascendendo cara a Portela de Pau divisando a gran necrópole Neolítica de Penedos da Canteira, que representa de xeito maravilloso a magnitude megalítica do Leboreiro, serra intensamente monumentalizada que alberga unha das concentracións de túmulos máis potentes do continente. En breve chegase a Portela de Pau, onde se atopa a Mota Grande, o Menir, os dolmens, e gozaremos de esplendidas vistas neste apaixoante espazo sagrado. Durante o regreso vaise contemplando a paisaxe e observando a gran cantidade de cabalos e vacas en réxime de semiliberdade, que as veces se mistura coa salvaxe: garranos, cachenas, corzos, aves rapaces, lobos, xabaríns...
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com