MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
RUTA: Lineal.
DISTANCIA: 8Km.
ALTITUDE ACUMULADA: No estimada.
DIFICULTADE: Media.
Márcanse as coordenadas de inicio: 42.127066", -8.088019".
DESCRICIÓN: Esta ruta parte de Tornadoiro, uns metros máis adiante do concello e chega ata o núcleo de Chedas. O que máis cabe destacar desta ruta é o seu paso pola ponte romana "dos Carros" no vello camiño de Leirado ao núcleo de Mociños.
RUTA: Lineal.
DISTANCIA: 5Km.
ALTITUDE ACUMULADA: No estimada.
DIFICULTADE: Media.
Márcanse as coordenadas de inicio: 42.13001", -8.089752".
DESCRICIÓN: Esta ruta parte de Leirado, ás portas do concello, pasa por Augalevada e chega ata o Santo Cristo (capela).
RUTA: Lineal.
DISTANCIA: 3Km.
ALTITUDE ACUMULADA: No estimada.
DIFICULTADE: Media.
Márcanse as coordenadas de inicio: 42.153891", -8.088298".
DESCRIPCIÓN: Esta ruta sae cerca do núcleo de Beade. É unha ruta totalmente de montaña na cal se pode apreciar a fauna típica da zona, as vacas de raza cachena.
RUTA: Lineal.
DISTANCIA: 6Km.
ALTITUDE ACUMULADA: No estimada.
DIFICULTADE: Media.
Márcanse as coordenadas de inicio: 42° 7' 9.59", -8° 5' 5.51".
DESCRICIÓN: Esta ruta parte de Os Garaxes e chega ata o límite co concello de Padrenda. Transcorre principalmente por o canal de auga que vai desde o embalse ata a central hidroeléctrica do río Deva sempre rodeados de vexetación autóctona: carballos, bidueiros...
RUTA: Lineal.
DISTANCIA: 600 m.
ALTITUDE ACUMULADA: No estimada.
DIFICULTADE: Baja.
Márcanse as coordenadas de inicio: 42.129819", -8.088196".
DESCRICIÓN: Esta ruta conta cun miradoiro na súa parte final. É de dificultade baixa e transcorre por zona de montaña.
RUTA: Lineal.
DISTANCIA: 11,5 Km.
ALTITUDE ACUMULADA: 681 m.
DIFICULTADE: Media, por zona de montaña.
Márcanse as coordenadas de inicio: 42.13001", -8.089752".
DESCRICIÓN: LA ruta pódese realizar a pé, a cabalo, en bicicleta de montaña ou en todo terreo.
O sendeiro iniciase diante da casa consistorial, lugar onde está colocado o panel explicativo da ruta. Desde aquí colleremos a estrada dirección Xacebáns, o inicio é sobre asfalto que seguimos aproximadamente durante 2 Km. ata chegar ao cruce da estrada que vai desde Bande a Notaria, alí ao lado duns almacéns abandonados e medio derruidos, chamados Os Garaxes. Iniciamos o paseo por un estreito sendeiro rodeados de piñeiros, carballos, bidueiros e vexetación autóctona de gran beleza natural, que nos leva ata un pobo escondido chamado Retortoiro, o sendeiro pasa a un lado del pero podemos acceder a él fácilmente a través dun camiño nuns 20 minutos. Seguindo a ruta entre prados e terras de labranza semiabandoadas, imos baixando cara o río Deva, que presenta unhas boas piscinas naturais para bañarse, aínda que a auga está moi fría, pois as sombras das árbores das ribeiras impiden a chegada de raios solares.
Cruzase por unha robusta ponte de pedra e seguindo o curso do río Deva comeza unha ascensión continua con repeitos ocasionais, en trozos empedrado e noutras ocasións en terra, por norma xeral húmeda, que desemboca noutro empedrado e que chega ata Xacebáns, último pobo desta ruta, onde poderá visitarse un bar situado no antigo forno comunal do pobo ou saciar a sede ou refrescarse nas moitas fontes de auga cristalina que posúen.
Atravesamos Xacebáns ata chegar a un camiño forestal na cima do pobo, que iniciase unha subida continua por un camiño de terra e pedra solta e, a medida que se progresa cara arriba o paisaxe vaise agrandando. O punto culminante é ao chegar a Penagache, que se identifica perfectamente pola cruz que hai encima dunha inmensa mole granítica. O sendeiro acaba no alto de Penagache a 1.226 metros de altitude. Desde aquí a paisaxe que se pode contemplar é magnífica, poderase ver parte dos vales do Miño, Arnoia, Deva, e xa moi ao lonxe a Limia, a serra de San Mamede, Alto do Rodicio, as serras de Larouco...
Do outro lado de Penagache escoitase auga caíndo que solo ser verá en inverno cando o volumen desta aumenta, é unha fervenza no regato denominada "o salto do gato". As lendas din que debaixo de Penagache e con entrada por cerca deste regato hai unha cova da época dos mouros.
Deixando Penagache por unha pista que agora ten momentos de descanso alternando con costas non tan pronunciadas como as anteriores, chegase ao camiño da fronteira enfrente mismo do marco nº21.
Tomando a variante esquerda, antes de chegar ao nº22 en territorio portugués, poderase visitar unha mámoa escavada e bastante maltreita. Case frente ao nº23 á esquerda pódese apreciar a impoñente estampa da Mota Grande.
Seguindo ata o nº27 estará o sendeiro que chega a Celanova e se se achega ata o nº29 1ª é o que leva a Bande.
RUTA: Lineal.
DISTANCIA: 6 Km.
ALTITUDE ACUMULADA: No estimada.
DIFICULTADE: Media-Baja.
Márcanse as coordenadas de inicio: 57.533428", -46.643764".
DESCRICIÓN: Esta ruta bordea a beira do río. Podemos atopar ata 8 muiños en rehabilitación. Conta cun miradoiro na súa parte final. É de dificultade media- baixa e transcorre por zona de montaña.
Descarga de documentos
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com