MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
A unidade de promoción de saúde ten como obxectivo crear as condicións idóneas para que a poboación da mancomunidade poida gozar dunha vida máis activa, que permita conservar a saúde e a autonomía persoal, ter maior benestar e calidade de vida, e previr e reducir a presenza de enfermidades relacionadas co sedentarismo, desde a infancia ata a vellez.
Establécense prioridades fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo difundindo na comunidade a necesidade de levar unha vida activa e saudable, propiciando que a poboación incremente a súa carga de actividade física e introducción da alimentación saudable, introducindo novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e adoptar uns hábitos de vida máis activos.
A Mancomunidade Terra de Celanova actúa como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no ámbito de influencia (público e privado). O obxectivo final é que o porcentaxe máis alto posible da poboación reciba información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, loitando contra o sedentarismo e creando hábitos alimentarios saudables que perduren ao longo de toda a vida.
Na Mancomunidade Terra de Celanova valorase se o estado nutricional e físico do individuo que require o servizo é o adecuado, analizando as diferentes necesidades segundo varios aspectos, como poden ser a idade, a condición antropométrica da persona, o seu estado de saúde, intolerancias, patoloxías, etc...
As actividades que se levan a cabo neste servizo son:
Con todo isto o que se busca é:
O fin maior desta unidade é o aumento da calidade de vida e a posta en práctica de hábitos saudables que permitan instaurar na medida do posible unha concienciación e predisposición nos campos nos que se actúa.
A poboación destinataria deste programa son os colectivos correspondentes ás seguintes institucións existentes nos concellos da mancomunidade:
O Noso OBXECTIVO, ¡A TÚA SAÚDE!
E-mail: ups@terradecelanova.es
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com