Ir arriba

Servizo de bombeiros

TEL.: 696 030 278112

O corpo de bombeiros da Mancomunidade Terra de Celanova da cobertura a todos os concellos da Mancomunidade Terra de Celanova: Cartelle, Celanova, A Merca, Pontedeva, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea, e a maiores tamén aos concellos de A Bola e Padrenda.

A misión principal é auxiliar en sinistros ou emerxencias que se produzan dentro dos termos municipais desta comarca.

Entre estas funcións, en rasgos xerais, ocupan un lugar destacado as actividades de carácter preventivo, labor que veñen realizando dende hai anos, por unha parte no ámbito escolar, mediante charlas e simulacros de evacuación e visitas ao parque e, por outra parte, impartindo charlas a diferentes colectivos tales como: hostalería, centros de saúde, colexios, etc...

O servizo conta con catro áreas ou departamentos destacables a coñecer; Área de Información e seguemento, Área de Formación e Aprovisionamento, Área de operación e Mantemento e Área de Prevención

Área de información e seguemnto

Encárgase de cuestións relativas á recopilación e elaboración de documentación operativa sobre a mancomunidade (planos, medios e recursos, plans de emerxencia, fichas de prevención operativa, etc...).

Área de formación e aprovisamento

Encárgase de cuestións relativas á formación interna e externa, as tarefas de mantemento e almacenaxe de equipos e maquinaria, así como todo o relativo á infraestrutura actual e futura do Parque.

Área de operación e mantenemento

Encárgase das cuestións relativas á planificación do operativo de guardia (protocolos, grupos de traballo, fichas técnicas, organización de maniobras diarias, etc...) e a organización dos mantementos e reparacións de vehículos e equipos do Parque de Bombeiros da Mancomunidade Terra de Celanova.

Área de prevención

Encárgase das cuestións relativas ao coidado da Prevención de Riscos Laborais, e todas as tarefas e eventos relacionados ca formación e divulgación cidadana en materia de autoprotección (atención de colexios e outras entidades, organización de charlas e campañas de prevención, Semana da Prevención, etc...), así como as tarefas que engloban o que se denomina “Prevención Operativa” (reténs de fogos artificiais e outros servizos especiais e simulacros). Este servizo está a disposición de tódolos veciños ás 24 horas.

bombeiros

Barrio da Ermida,39 – Baixo. 32800- Celanova (Ourense)
E-mail: bombeiros@terradecelanova.es

Descarga de documentos

Celanova
Claustro do Mosteiro de Celanova
Hípica O Mundil (Cartelle)
Torre de Sande (Cartelle)
Mosteiro de Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Vilanova dos Infantes
Hórreos en A Guía (Gomesende)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.