Ir arriba

Información sobre Quintela de Leirado

Superficie: 31,3 km²
Poboación (INE 2015): 629 habitantes.

Quintela de Leirado é un dos concellos da comarca de Terra de Celanova, situado no Sur da Comunidade Autónoma de Galicia e no Oeste da provincia de Ourense. Limita ao Norte cos concellos de Gomesende e Ramirás, ao Sur con Portugal, ao Leste cos de Celanova e Verea, e ao Oeste co de Padrenda. A súa posición xeográfica é 42° 05’ de latitude Norte e 8° 07’ de lonxitude Oeste, sendo a súa altitude 386 metros sobre o nivel do mar. Convén ter presente, a efectos de identificación, que o código xeográfico de Quintela de Leirado é o 32650; o do INE, o 32066; e a folla do mapa topográfico nacional na que aparece debuxado, é a que leva o número: 263.

O Concello está localizado a 32 km da cidade de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Celanova.

O Concello de Quintela de Leirado, cuxa capital é Leirado, encontrase nunha zona montañosa, de accidentada topografía, configurada pola Serra da Silva Escura, a Serra do Penagache e o val do río Deva. Este val está rodeado por varias montañas: Leboreiro (1.260 mts.), Penagache (1.224 mts.), Coto da Moura (941 mts.) e outras, como a Serra do Aguillón e a Serra do Castelo.

O seu principal río é o Deva, afluente do Miño, e outros pequenos cursos de auga, entre os que destaca o Salto do Gato e os ríos "Pequeno" e o "Grande". As elevacións máis importantes son Leboreiro, 1.260 metros; Penagache, 1.224 metros, Serra "do Costelo", 1.030; A Basteira, 1.008; Coto da Moura, 941; Marcos das Cruces, 939; Coutiño do Marco, 829; e, Costa Velle, 806.

Parroquias: Conta con 5 parroquias que son Mociños, Leirado, Quintela, Redemuiños e Xacebáns; onde se reparten 30 entidades de poboación.

Natureza (Pontedeva)
Mosteiro de Celanova
Torre de Vilanova dos Infantes
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Mercado de Celanova
Torre de Sande (Cartelle)
Hórreos en A Guía (Gomesende)
Claustro do Mosteiro de Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.