Ir arriba

Terra de Celanova

Mapa de la Mancomunidad

A Mancomunidade Terra de Celanova está integrada por oito concellos; Celanova, A Merca, Verea, Quintela de Leirado, Gomesende, Pontedeva, Ramirás e Cartelle.

A Mancomunidade Terra de Celanova está situada na provincia de Ourense, linda cas comarcas ourensanas de: Ourense e o Ribeiro, ao norte; ca de Allariz-Maceda e A Limia, polo leste; ca Baixa Limia, ao sur; cas comarcas do Ribeiro e provincia de Pontevedra, ao oeste; e con Portugal, ao sur.

Celanova sitúase xeográficamente no centro da comarca da provincia de Ourense da que se constitúe como capitalidade e a que lle da o nome, Terra de Celanova. Está situada ao suroeste da provincia de Ourense, distando 24 kilómetros da súa capital.

Estrutura administrativa e aspectos demográficos

Ayuntamientos de la Mancomunidad

A Mancomunidade Terra de Celanova ocupa unha superficie de 417 Km2.

Como xa citamos, a Mancomunidade Terra de Celanova está integrada por oito concellos: Quintela de Leirado, Verea, Ramirás, A Merca, Pontedeva, Cartelle, Celanova e Gomesende, cuia distribución vemos no mapa.

Cidades, vilas, aldeas y parroquias

Na Mancomunidade non se conta con ningunha cidade. Dos oitos concellos que a integran soamente se pode denominar vila ao núcleo de Celanova. O resto dos puntos divídense entre aldeas e parroquias.

A continuación nomearemos dentro de cada concello os núcleos que teñen máis poboación contando coa distribución deste.

Distribución da poboación por sexo e grupos de idade

A Mancomunidade Terra de Celanova conta cunha poboación total de 15.116 habitantes, segundo o padrón do 01/01/2015, cuia distribución podemos ver na Táboa 1. Existe unha dispersión considerable entre os diferentes núcleos de poboación.

Km2 Habitantes
A Merca 51 2021
Cartelle 94,3 2852
Celanova 67,3 5536
Gomesende 28,3 829
Pontedeva 9,9 600
Quintela de Leirado 31,3 629
Ramirás 40,7 1607
Verea 94,2 1042

Comunicacións e transportes

Estradas

As Terras de Celanova distan 24 Km. da cidade de Ourense, coa que se comunica pola autovía AG-31 e pola estrada N-540 que no sentido inverso serve de enlace coa fronteira de Portugal, país co que a comarca limita a través dos municipios de Verea e Quintela de Leirado, polo que xeográficamente pode ser considerada capital dunha comarca fronteiriza.

Servizo de transporte urbán

Os concellos de Quintela de Leirado e A Merca teñen servizo público de transporte urbán os luns, mércores e venres recollendo aos usuarios por tódalas parroquias e voltando ao término.

Debido á peculiar configuración xeográfica da Mancomunidade Terra de Celanova, pola dispersión entre os núcleos, existe unha barreira espacial que sofren os cidadáns das diferentes parroquias.

Neste espazo web coñeceremos máis a fondo os concellos que integran a Mancomunidade Terra de Celanova así como os servizos que ofrece aos cidadáns este ente supramunicipal.

Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Natureza (Pontedeva)
Torre de Vilanova dos Infantes
Vilanova dos Infantes
Hípica O Mundil (Cartelle)
Claustro do Mosteiro de Celanova
Torre de Sande (Cartelle)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.