Ir arriba

Rutas de sendeirismo en Ramirás

Sendeirismo

Ruta San Paio

A ruta empeza na Capela San Paio dos Pitos, situada no miradoiro natural con amplas vistas panorámicas da comarca, na que se celebra unha romaría, o día 26 de xullo, acompañada dunha festa campestre na área recreativa anexa. Posiblemente o culto a San Paio xa estivese documentado no século XV, e é avogado das enfermidades dos animais e das dores de costas.

Saíndo desde o San Paio pola pista da esquerda, ascéndese por unha zona de monte baixo pola chamada "pena das Verrugas" e estréitase máis adiante un pouquiño o carreiro desde o que vemos o "coto da Moura" de 944 m de altura, esta cima tamén chamada serra de Silvana ou "Silva Escura" fan fronteira os concellos de Ramirás, Quintela de Leirado e Gomesende.

No punto máis alto atópase unha cova natural, a "cova da Moura". Desde o carreiro da zona máis elevada pódese observar a beleza e a fertilidade do val de Ramirás, regado polos ríos Tuño e Arnoia, onde tamén atopamos as coñecidas "levadas", canles de rega construídos polos monxes do mosteiro de Celanova, que axudaron ao desenvolvemento agrícola da zona. Atravesando esta zona de monte baixo, atopamos coellos, corzos, perdices e cabalos en liberdade. Tamén nos atopamos con varias especies de réptiles. No percorrido atoparemos algunha fonte de auga da Serra da Moura.

O carreiro comeza a descender pola capela de San Adrián ata a capela de San Paio por unha zona de vexetación autóctona: carballos, bidueiros, e vimbias ao redor de varios arroios que baixan da serra e que lle dan unha sensación de frescura ao percorrido, que aquí se fai moito máis fácil e desde o que se seguen vendo fermosas vistas do val de Ramirás.

A ruta termina no punto de partida a capela de San Paio, pode facerse desde aquí en sentido contrario ao descrito neste texto (capela do San Paio - capela do San Adrián, serra da Moura- capela de San Paio) segundo a elección do camiñante.

A zona da campiña e da praia fluvial é desde sempre, visitada nos meses do verán, polos veciños da comarca e polos, cada vez máis numerosos, visitantes que alí concorren atraídos pola beleza da paisaxe e o baño nas augas do Arnoia.

Sendeirismo

Ruta A Pontenova

A ruta de sendeirismo, parte da extremo da área recreativa e penétrase, seguindo o curso do río, nunha paisaxe onde os carballos, castiñeiros, amieros, bidueiros e avellanos reflectidos nas augas do Arnoia, saen ao encontro do camiñante. Troitas, bogas e o denominado "peixe" son algunhas das especies que conviven neste ecosistema.

Ademais marca o inicio da ruta que cruza o río Arnoia pola Pontenova e conduce ao camiñante polo lado esquerdo do río ata "Monte do Santo", na parroquia de Vilar de Vacas no concello de Cartelle.

Natureza (Pontedeva)
Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Hípica O Mundil (Cartelle)
Hórreo
Mosteiro de Celanova
Torre de Vilanova dos Infantes
Mercado de Celanova

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.