MANCOMUNIDADE
TELÉFONOS DE INTERÉS
Superficie: 28,3 km²
Poboación (INE 2015): 829 habitantes.
A capital deste concello que é Sobrado, atópase situada a 41 Km de Ourense e accedese pola C-531 Xinzo – A Cañiza. Conta con 70 entidades de poboación.
A beleza da paisaxe de Gomesende pódese contemplar desde o Alto do Val. Atravesado polos ríos Arnoia e Deva, o seu punto máis elevado é a Serra do Leboreiro. No declive dos montes do Viso e Silva Oscura, cerca do río Deva, fórmase un val polo que baixa o río San Francisco, afluente do Deva. O río Arnoia rodeado dunha frondosa vexetación convídanos a realizar paseos polas súas ribeiras e gozar da arte da pesca nos seus cotos
O termo municipal localízase na xuntanza dos ríos xa citados, Arnoia e Deva de escasa altitude, que constitúe o apéndice da Serra do Leboreiro. Unha intensa erosión fluvial modelou un relevo suave de formas onduladas, que ven ascendendo dende o norte, onde se localizan os 300-450 metros, cara o sector suroriental, onde están as maiores alturas na Serra da Moura (Marcos das Cruces con 869 metros) que serve de límite con Quintela de Leirado.
Parroquias: A Guía (Santa María) , O Pao (Santa María) , O Val (Santa María) , Penosiños (San Salvador) , Poulo (San Pedro) , San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo).
Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!
Teléfono de contacto
988 45 16 46
CONTACTO
HORARIO DE ATENCIÓN
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados | Zona privada | Web realizada por Grupo5.com