Ir arriba

Rutas de sendeirismo na Merca

Sendeirismo

Ruta de A Broa

Ruta de A Broa

O roteiro ten unha lonxitude aproximada de 13,4 Km, con deseño circular. Saímos do bar Parroira e baixamos ata Fontao. Bordeamos a antiga escola, agora restaurada, e xiramos a dereita para seguir polo "camiño dos Pequenos" ata chegar a estrada asfaltada, descendendo uns metros e continuar a dereita na "curva do Cancelo" pola pista de terra. Chegamos ao "carballo do Ferreiro", e no cruce seguiremos recto polo camiño de Magarelos, ata chegar a unha nova indicación que nos manda xirar a esquerda para descender polo "camiño do Poulo", ata atoparnos co camiño que ven da Portela. Neste punto seguimos a esquerda descendendo ata chegar a carón do río Arnoia, na "presa do Cholas". Continuamos pola marxe esquerda, deixando a nosa dereita os restos da presa, ponte e muíños en ruínas. Seguimos o camiño ancho e ascendemos ata o pobo abandonado da "Ponte Ermida". Saímos atravesando un pequeno regueiro e continuamos a media ladeira por enriba da "presa do Cándido", ata chegar a un desvío a esquerda para seguir polo "camiño do Cándido" ata a zona do "Castelo". Continuamos polo camiño a dereita na zona da "Fonte Vella" ata chegar ao pobo de Covas do Río. Seguindo as indicacións chegamos a "aira da Otilia", continuando pola canella que vemos en fronte para saír a un souto e continuar polo carreiro, ata a zona do "Covelo". Seguimos a esquerda e ascendemos polo "camiño de Morgade" ata a zona das "hortas de Salpurido", deixando ao noso paso a dereita os penedos chamados "o coto das Moás". A dereita descendendo polo "camiño da Fraga" chegamos despois de baixar un pequeno zigzag ata a "fontela da Fraga". Continuamos por esta fermosa paraxe colgados sobre o río Arnoia, chegando a divisar a nosa dereita o "Canal do Ruca" sobre a marxe dereita do río. Seguindo as indicacións atravesamos Entrambosríos, pasando a carón da capela, para saír de novo a estrada, e logo continuar polo camiño que en lixeiro ascenso nos leva ata Olás. Veremos unha indicación do roteiro debaixo da pista polideportiva. Chegamos de novo a estrada e xiramos a esquerda para antes da fonte subir a dereita, pola zona dos canastros ata ver de novo unha sinal que nos indica que seguiremos a esquerda, para ir dirección"a fonte dos Ollos". Podemos desviarnos uns metros a dereita para ver este famoso penedo ou seguir a nosa esquerda pola estrada uns 150 metros, para logo desviarnos a dereita baixando polo piñeiral ao pobo de Oxén. Seguimos a esquerda e sen desviarnos chegamos ao "Camiño Real". No cruce, de novo a esquerda continuamos ata "o Campo Grande". Avanzamos ata chegar a estrada da Rebola. Cruzamos e a 50 metros continuamos recto para seguir polo "Camiño Real" ata chegar de novo o Bar Parroira.

Descarga de documentos

Torre de Vilanova dos Infantes
Celanova
Mosteiro de San Pedro en Ramirás
Terras de Celanova
Claustro do Mosteiro de Celanova
Mercado de Celanova
Vilanova dos Infantes
Hórreos en A Guía (Gomesende)

Cada viaxe é unha nova ilusión. Descobre ¡Terras de Celanova!

Teléfono de contacto

988 45 16 46

CONTACTO

HORARIO DE ATENCIÓN

  • Luns a venres: 9:00 a 14:30

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Mancomunidade Terra de Celanova - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  |  Web realizada por Grupo5.com

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.